Skip to Content

Historia

Quen somos | Historia

A entrada en vigor da Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo 1/1990, do 3 de outubro, (LOXSE) establece un novo marco xurídico para a Educación de adultos (título III desta Lei).

 Dentro dese contexto xurídico, en Galicia, con competencias plenas para o regulamento e administración do ensino, elabórase A Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos da comunidade autónoma de Galicia, que define no seu artigo 1: “a educación e promoción de adultos como un conxunto de accións de carácter educativo, cultural, social e profesional orientado a lles proporcionar a todos os residentes no territorio de Galicia que superaron a idade de escolaridade obrigatoria o acceso, de forma gratuíta e permanente, á súa formación persoal, así como a ámbitos de formación ligados a niveis educativos superiores. Tamén no seu artigo 16 establece que a educación e promoción de adultos adoptará as seguintes modalidades: presencial, semipresencial e a distancia.

Neste marco, e en concreto polo Decreto 88/1999 do 11 de marzo ( DOG 13 de abril de 1999), regúlase a ordenación xeral das ensinanzas de educación das persoas adultas e os requisitos mínimos dos novos Centros de Educación e Promoción de Adultos, permitindo a oferta nun mesmo Centro de todos os niveis educativos non universitarios que antes da reforma educativa se organizaban, segundo o nivel educativo, en diferentes centros (Centros de Alfabetización, CEGEBAD, INGABAD, etc…).

Distribuir contido


by Dr. Radut