Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

   

Probas libres ESA

Probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos. Convocatorias do 2024

 

Preme nas imaxes para ver a información en pdf

 

 

 

1. Información xeral

  • Poderás encontrar toda a información totalmente actualizada relativa á realización das probas libres para a obtención do título de Ensinanza Secundaria neste enlace [prema aquí]
  • Unidades didácticas en galego [prema aquí]
  • Unidades didácticas en castelán [prema aquí]
  • Probas de anos anteriores [prema aquí]

 

2. Prazos de matrícula 

  • Convocatoria de abril: 5 de febreiro ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de xuño: 8 de abril ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación. 

 

3. Formulario de inscrición ESO 2024  [prema aquí]

  • Pode cubrilo on line e imprimilo xa cuberto ou ben descargalo ao seu ordenador.   

  

4. Realización das probas

  • Convocatoria de abril: 12 de abril de 2024.
  • Os chamamentos realizaranse ás 8.45 h para o exame do ámbito científico-tecnolóxico, ás 11.50 para o ámbito social e ás 15.40 para o ámbito linguístico.
  • Ubicación do centro onde se realizarán as probas:
    • Enderezo: Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI). Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense

 

  • Convocatoria de xuño: 7 de xuño de 2024. ( lugar de celebración por determinar)

 

5. Listaxe de admitidos.

  • O centro publicará o 6 de marzo a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas así como os exentos de galego. [Listaxe provisional de admitidos] Ordenados polo número de identificación
  • Haberá un prazo de 5 días para reclamacións, contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe de admitidos. 
  • Transcorrido o prazo citado no punto anterior, o 15 de marzo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas. [Listaxe definitiva de admitidos]
  • Para calquera dúbida poden consultar chamando ao número de teléfono 988243834 ou nos correos epapudeourense@gmail.com ou epa.ourense@edu.xunta.gal

 

6. Cualificacións.

  • Convocatoria abril 2024. (Pendente de publicación)
  • Convocatoria xuño 2024.  (Pendente de publicación)

 

7. Reclamacións.

  • Días para presentar reclamación: tres días hábiles trala publicación das cualificacións na secretaría do centro mediante formulario que se achegará no centro.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut