Obrím una finestra al món

Tras a nosa participación no seminario de boas prácticas en Bolivia a raíz do Premio Nacional "Vicente Ferrer", coñecimos outros proxectos gañadores cos que nos gustaría participar. O IES Altaia en Altea, Alacant expuxo en Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) o seu Obrím una finestra al món.

Esta iniciativa fai rotar unha serie de paneis por distintos centros educativos con traballos sobre a sostenibilidade e as relacións Norte/Sur feitos por alumnado dos distintos centros. O Obrím estará no noso centro a partir do 10 de abril de 2012 durante dúas semanas. E durante este principio de curso (mes de outubro) pedimos un esforzo por parte do profesorado e alumnado do EPAPU para preparar dous paneis nosos para engadir á exposición do Obrím. obrím

Powered by Drupal - Design by artinet