Skip to Content

Certificación galega de competencias dixitais

Que é a certificación ComDix?

É a certificación galega en competencias dixitais promovida pola Administración galega e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional.

 

 

Para que necesito esta certificación ComDix? Que usos terá?

Servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o noso nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais.

Como se organiza a acreditación das competencias dixitais do alumnado? 

Na Resolución do 28 de febreiro de 2024 ditanse instrucións para a acreditacón das competencias dixitais do alumnado que cursa ESO e bacharelato no curso 2023/24.

 

 

Becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 24/25.

Tedes toda a información sobre as becas do ministerio na seguinte presentación:

 

Premede no seguinte enderezo se queredes máis información

 

 

Xa temos instalado o noso puntolaranxa no instituto e na web.

 

Xa temos instalado o noso punto laranxa no corredor de abaixo preto da porta de entrada do insti. Esta medida está dentro do Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar publicado recientemente pola Consellería de Educación como unha actualización do protocolo educativo relativo al acoso escolar.

Tanto se formas parte do alumnado, do profesorado ou das familias do centro e tés algún problema, sufres acoso ou sabes de alguén que o esté a pasar mal por este tema, non o cales!

Podes facelo de xeito físico escribindo unha nota e depositándoa no buzón ou no punto laranxa da nosa web, os teus datos serán tratados con total confidencialidade.

 

 

Non quedes calado, escoitámoste!

 

Hoxe ensinan eles

O día 7 de marzo tivemos unha sesión onde lle demos a volta ás clases. Alumnado de 2 de ESO ensinou deseño 3D con Tinkercad aos seus profes, para imprimir en 3D co material de Polos Creativos.

Unha sesión "upside down". Orgullosos do noso alumnado.

 

Charla de dúas investigadoras do CETMAR

Este venres, recibimos a visita de dúas investigadoras do CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo) que viñéronnos falar de observación mariña, do ruído submariño e do traballo que realizan as mulleres investigadoras no contexto do Observatorio Costeiro de Galicia, xa que o pasado 11 de febreiro celebramos o día da nena e a muller na ciencia. 

Faláronnos da importancia e a repercusión que ten a monitorización e protección das nosas rías. Reflexionamos sobre os desafíos oceánicos propostos na axenda 2030 para un desenvolvemento sostible. Na segunda parte da charla, aprendimos a distinguir sons mariños de orixe natural e humana e mesmo escoitamos algúns sons recollidos na nosa ría. 

Gracias pola visita, Clara e Silvia. Esperamos vervos pronto.

Temos novidades na Biblio. Atreveste a participar?

RETO LECTOR

1. Participantes: toda a Comunidade Escolar (alumnado familias e persoal do centro). 

2. Obxectivo: ler 5 libros da Biblioteca ata o 31 de maio. 

3. Pasos a seguir:

1° Escoller 5 lecturas da Biblioteca:

1 Libro ou álbum ilustrado. 

2 Un cómic. 

3 Un libro de poesía ou teatro. 

4 Un libro de ficción (novela, relato,...)

5 Un libro de non ficción (ensaio, biografía, autobiografía, libro de viaxes, libro sobre Arte,...). 

2° Ler as 5 propostas que ti escollas (podes pedir consello tamén!). Tes de prazo ata o último día de maio. 

3° Valora cada unha das lecturas escollidas cun breve comentario escrito e deposítao no buzón habilitado para tal fin. 

4° Despois da primeira lectura e valoración da mesma, recolle o teu CARNÉ DO RETO LECTOR na Biblioteca.

5° Pasa pola Biblioteca para selar o carné despois de cada lectura e valoración realizada da mesma. 

4. Premios: as persoas que realicen o reto recibirán un AGASALLO CULTURAL no mes de xuño. 

...........................................

 

CONCURSO "UN LOGO PARA A BIBLIOBATEA" 

 

A nosa Biblioteca xa ten un nome: BIBLIOBATEA, e agora andamos na procura dun logo que represente o mellor posible a nosa identidade. Axúdasnos a atopalo? 

BASES: 

1. Participantes: alumnado actualmente matriculado no centro. 

2. Obxectivo: atopar un logo que represente o mellor posible a nosa identidade como Biblioteca. 

3. Características do logo:

. Debe ser orixinal, non copiado nin semellante a outros xa existentes. 

. Ten que estar vencellado temáticamente á nosa contorna (algún aspecto natural, histórico, social e cultural que nos identifique: paisaxe, fauna e flora mariñas; os traballos do mar, tradicións, festas,...; personaxes e/ou artistas que a representan: Valle-Inclán, Irmáns Camba,... ). 

. Pode empregarse calquera soporte para debuxalo (dixital, papel, cartulina,...). 

. Valoramos a sinxeleza nas súas formas, lembra que se trata dun logotipo. 

5. Prazo: ata o 3 de maio. 

6. Premios: o logo gañador levará un agasallo sorpresa. 

7. Xurado: estará formado por membros do Equipo da Biblioteca. 

*Se o xurado así o dictamina, o premio pode quedar deserto ata nova convocatoria. 

*Co logo gañador faranse selos de impresión, marcapáxinas, chapas, camisetas, tote bags,...

 

 

Plan Dixital do Centro

Na seguinte presentación pódense consultar os resultados das enquisas e probas de competencia dixital, a análise das fortalezas e debilidades do centro no eido TIC. Así como os obxectivos que nos fixamos desenvolver para o curso 22-23.

O plan Dixital completo, aprobado polo Consello Escolar o 30 de xuño de 2021, pódese consultar no apartado de documentación do centro.



by Dr. Radut