UNS CONTOS DE PRIMEIRA
Encontros con Jorge Mira e Marilar Aleixandre
Dentro do noso programa de charlas científico-literarias, este curso temos como convidados a Jorge Mira e a Marilar Aleixandre.
O vindeiro 20 de Marzo teremos a oportunidade de conversar co catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago o físico Jorge Mira na charla "Un paseo polos bordes da ciencia cercana" e o 12 de Abril contaremos coa presenza da escritora e bióloga Marilar Aleixandre.

Se queredes coñecer máis do seu traballo preme na seguinte ligazón a
Celebrating Working Women: International Women's Day
Sugerímosche que vexas o seguinte video:
Parabens a todas, non só neste día
Novos Contidos Dixitais
Xa están dispoñibles no Espazo Abalar os novos contidos dixitais. Entre eles o desenvolvido polo noso compañeiro o profesor Juan Poza sobre a atmosfera.
Se queredes acceder ao contido preme na seguinte imaxe:
Se queredes acceder a tódolos novos contidos preme na seguinte ligazón:
Novos Contidos dixitais Abalar
Dende aquí queremos felicitar ao noso compañeiro polo premio recibido
Entroido 2012
Presentamos a colección de fotos do festival do "Entroido A Basella 2012". Este ano, cada grupo da ESO deseñou un Momo.
Os traballos foron realmente fabulosos, os gañadores, 3ºESO A con City Forty e 4ºESO A con Costa Concordia iranse de excursión como premio (cedido pola ANPA). Ademáis, houbo moitos disfraces, mira qué pintiñas...
Las Novelas De Primero
Pinchade sobre a biblioteca:
ou seguide este enlace: http://issuu.com/novelasdeprimeroeso/docs e atoparedes as espléndidas novelas que o alumnado de 1º ESO escribiu en castelán durante a 1ª avaliación deste curso.
Carreira Solidaria. Save the children
O pasado 21 de decembro, o noso centro, dentro das xornadas de celebración do día dos Dereitos Humanos participou na Carreira Solidaria convocada pola ONG Save the Children. Participamos moitos e moitas alumnos e profes, recibimos uns diplomas e recaudamos máis de 300 euros destinados aos nenos e nenas da República Democrática do Congo. Felices Festas.
Día da Ciencia
O pasado 4 de novembro celebramos no instituto o día da Ciencia en Galego, con charlas, exposicions, etc. O mais interesante foi que os alumnos de 2º de Bacharelato explicaronnos unha gran cantidade de experimentos científicos.












