Dinamización TIC
Charlas sobre o Espazo Abalar
O vindeiro martes, día 25, teremos unha charla no noso centro sobre o uso do Espazo Abalar para profesores
e familias a cargo dun membro do Colexio de Enxañaría Informática de Galicia.
Horario:
Profesores: 18.20 a 19.20 horas
Familias: 19.20 a 20.20 horas
Obradoiro Abalar
O curso 2010-2011 empezamos coa aplicacion do Proxecto Abalar no noso centro. Si premas no seguinte enlace poderás acceder
a un blog que resume algúns recursos que traballamos nun Obradoiro sobre o Proxecto Abalar e a Escola 2.0
Información TIC
A INTRANET do Centro, web de recursos interna que solo funciona no Instituto, xa está á disposición dos profesores que queiran incluír nela os recursos educativos que desexen como webs, actividades realizadas con programas educativos, vídeos, apuntes, exercicios, imaxes, eta.
Á INTRANET podemos acceder desde: aulas, aulas de informática, laboratorios, aulas específicas de algunha materia e departamentos.
Para información, axuda e asesoramento estarán: O Departamento de Tecnoloxía, José Luís e Cristobal xunto con Busto do Departamento de Artes Plásticas.
Para comunicarte por medio de correo: webmasterabasella@gmail.com
Comunicar a todos os profesores que na Aula Virtual do Centro (ligazón na parte superior dereita desta páxina), funciona un foro no que se incluiron unha serie de escollas, (enquisas) para saber o grao de emprego das novas tecnoloxías.
É importante para o proxecto e para mellorar as dotacións.
COMO SE FAI:
Rexistrarse e esperar un correo que mandará o antes posible o administrador confirmando a túa inclusión no foro das TICs.
Grazas.
Informar ós profesores de que xa está funcionando o canón na aula de informática 1 (a máis antiga). A conexión entre o ordenador e o proxector e sen fíos, polo que se tarda un pouco en facer o enlace. Para máis información falar con Xosé Luís (Tecnoloxía). Máis información no foro TIC





