Benvidos a nosa web
Benvid@s ao sitio web do IES A Basella de Vilanova de Arousa.
Esta páxina danos a posibilidade de comunicarlles a vostedes, visitantes da web, que aquí atoparán o que se está a realizar neste momento no IES, os nosos proxectos e as nosas inquietudes.
O noso sitio web está en marcha, vivo e dinámico pola súa actualización periódica. Esperamos que aquí atopen toda a información que necesiten sobre o noso instituto e as actividades que nel realizamos.
En 1990 comezou a andadura do noso centro e esta web quere ser tamén testigo do seu crecemento, actualización e modernización, do noso interese por tódalas vantaxes que nos ofrecen as novas tecnoloxías, así como da nosa implicación na vida educativa e cultural do noso concello.
Só nos queda desexarlles un agradable paseo polo noso centro.
Telefonos: 986 55 48 47 / 986 55 48 79
Correo: ies.abasella@edu.xunta.es




