Skip to Content

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERÍA_2024-2025

O prazo para presentar ofertas ao contrato de concesión do servizo da cafetería do noso centro comezou o día 25 de marzo de 2024 e remata o 22 de abril de 2024 ás 14.00 horas.

Para máis información poden acceder a plataforma de contratos de Galicia

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=822258&lang=gl

INTERCAMBIO A LARACHA - LES SABLES D'OLONNE - Marzo 2024

A irmandade entre A Laracha e Les Sables d'Olonne faise de novo realidade. Seguro gozando moito deste intercambio, dando sentido ao aprendido en clases e favorecendo a comunicación coa lingua e coa nosa cultura galega.
O alumnado de Francia está na Laracha convivindo co noso alumnado na semana do 18 ao 22 de marzo de 2024.

 

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN - CURSO 2024-2025

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional 

para o alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Universidade para curso 2024-2025

 

PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS - MEC 2024-2025

 

Do 19 de marzo ata o 10 de maio de 2024 (ambos incluídos)

 

Máis información AQUÍ

 

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

Alumnado matriculado susceptible de ser acreditado en competencias dixitais (ten carácter VOLUNTARIO):

  • No nivel iniciación: alumnado 4º da ESO (co título da ESO) 

  • No nivel intermedio: alumnado de 4º de ESO (co título da ESO e probas de nivel 1, 2, 3, 4 e 5)

  • No nivel intermedio: alumnado de 2º de Bacharelato (co título de Bacharelato e proba de nivel 4)

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Solicitude de inscrición

Máis información aquí

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2024-2025

INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN

 

 

Do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos)

 

 

As familias poderán presentar as solicitudes de admisión do alumnado de xeito presencial (formato papel) no centro educativo de primeira elección ou de xeito electrónico (formato dixital) a través da aplicación (modelo ED550B):

  

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Está publicado no taboleiro do centro a relación de vacantes.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no punto 3.4 da Instrución. 

Máis información na Instrución.

ADMISIÓN DE ALUMNADO - CURSO 2024-2025 - CENTROS ADSCRITOS

No taboleiro do centro está publicada a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos.

Reserva curso 2024-2025.

1° de Educación Secundaria Obrigatoria (xornada continua)

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Escritora, poeta, figura destacada da nosa cultura galega.

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Queremos destacar a labor que desempeñan as mulleres e as nenas na Ciencia en todo o mundo.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS - ANO 2024

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Distribuir contido

 



by Dr. Radut