Introdución | Tarefa | Proceso | Recursos | Avaliación | Conclusión | Créditos

É que as mulleres non “pintan” nada?

Autor: Beatriz Núñez Martínez

E-mail: beatriznunez@edu.xunta.es

Área: Educación Plástica e Visual

Nivel: 3º e 4º de ESO



INTRODUCIÓN

A realización desta webquest vaiche permitir coñecer ás diferentes artistas mulleres que foron silenciadas ao longo dos séculos na historia da arte. Que tipo de arte realizaban e realizan, que dificultades atopaban e atopan polo feito de ser mulleres, etc.

TAREFA O traballo realizarase en grupo e terá dúas partes:

1ª parte:
Consistirá en elaborar un informe sobre una época e as súas artistas, facendo unha presentación que logo expoñeredes para os/as vosos/as compañeiros/as. (Cada integrante do grupo debe responsabilizarse do estudio dunha das artistas) Este traballo hai que presentalo en formato Power Point.

2ª parte:
Facer unha interpretación dunha das obras empregando texturas para unha exposición homenaxe. Formato 50x70cm. Ou similar.

PROCESO

Para desenvolver esta webquest, deberedes organizarvos de acordo aos seguintes principios:

1º Os grupos formaraos a/o profesor/a, que asignará a cada grupo un momento histórico para evitar duplicidades.

2º A distribución do traballo organizarédela vós mesmos/as. A única condición é que cada un debe facer a parte da presentación que lle corresponde, tanto as diapositivas como a exposición oral.

3º Actividades:

Actividade previa:

Elaborar una pequena introdución que nos permita coñecer a historia das mulleres artistas plásticas. Debedes crear un documento de texto como máximo dunha páxina que incluiredes na presentación final como introdución.

Biblioteca de mulleres artistas

- http://www.uned.es/biblioteca/conoce/EXPOSICIONES/mujarte/introduccion.htm

Actividade 1:

Cada grupo escollerá unha época para o estudo (para isto debedes coordinarvos co/coa profesor/a para evitar repeticións) e cada integrante do grupo escollerá unha muller dese momento histórico.
Confeccionade unha presentación na que terá que aparecer:
1.Introdución(Actividade previa)
2.Introdución á época artística que vos tocou..Isto ten que ser realizado por todos/as os/as integrantes do grupo.
3.Unha presentación por cada unha das mulleres escollidas na que figurará:
Nome, nacionalidade e data de nacemento e pasamento (se se dá o caso).
Retrato ou foto.
Breve biografía.
Galería de obras.
Comentario persoal sobre unha das obras (por que a escolliches, que é o que máis te chamou a atención, etc...)
Esta parte é individual, aínda que despois se incorporará á presentación final do grupo.

Blog de mulleres pintoras
- http://mujerespintoras.blogspot.com/

Mulleres pintoras
- http://mujerespintoras.googlepages.com/

Mulleres pintoras na historia
- http://www.pinturayartistas.com/recuperemos-a-las-mujeres-pintoras-de-la-historia/
(Presta atención aos enlaces que hai nesta páxina que poden resultar de interese)

Actividade 2:

Debedes elixir unha das obras das mulleres estudadas previamente, e facer unha interpretación utilizando texturas nun formato 50x70cm. Para realizar este traballo visitaredes os enlaces para poder ter ideas.

Páxina cnice
- http://contenidos.cnice.mec.es/plastica/index.php?id=906/
Mulleres pintoras
- http://www.nikidesaintphalle.com/
Educastur
- http://blog.educastur.es/luciaag/2007/03/06/elementos-del-lenguaje-visual-la-textura/ /

RECURSOS

- http://mujerespintoras.blogspot.com/
- http://lienzos.blogspot.com/2007/04/mujeres-artistas-en-la-historia.html
- http://mujerespintoras.googlepages.com/
- http://www.pinturayartistas.com/recuperemos-a-las-mujeres-pintoras-de-la-historia
- http://contenidos.cnice.mec.es/plastica/index.php?id=906
- http://www.nikidesaintphalle.com/
- http://blog.educastur.es/luciaag/2007/03/06/elementos-del-lenguaje-visual-la-textura/
- http://en.wikipedia.org/wiki/Category:Women_artists
- http://es.wikipedia.org/wiki/Museo_Nacional_de_Mujeres_Artistas
- http://www.artcyclopedia.com/artists/women.html
- http://mujeresenelarte.blogspot.com/
- http://bibliotecademujeresartistas.blogspot.com
- http://www.wendy.com/women/artists.html
AVALIACIÓN

Para valorar o voso traballo terase en conta:

1.Que se axuste ao que se pedía.
2.Que atopemos presentacións e solucións orixinais, información suficiente e ben tratada, aportacións interesantes, exemplos, etc
3.Que teñades relacionado as distintas fontes de información, integrándoas nunha resposta coherente, aportando tamén unha visión persoal crítica xustificada.
4.Que a vosa explicación sexa breve e concisa, recreándose en elementos non presentes no Power Point.
5.Que o traballo de texturas teña: gran variedade, boa utilización da cor e coherencia artística.
6.Que o traballo en grupo fora ben coordinado cun bo reparto de tarefas.

CONCLUSIÓN

Ao acabar a actividade:

Coñeceredes a obra a biografía de diversas mulleres artistas.
Teredes comprendido porque as mulleres foron discriminadas na historia da arte oficial.
Melloraredes na vosa capacidade de expoñer para o resto dos/as compañeiros e compañeiras.
Teredes aplicado os vosos coñecementos sobre texturas á interpretación dunha obra.
A vosa capacidade de traballar en grupo terá mellorado.

CRÉDITOS

Título.-
É que as mulleres non “pintan” nada?
Autora.-
Beatriz Núñez Martínez
Contacto.-
beatriznunez@edu.xunta.es
Data.-
Decembro de 2009
Referencias.-

Imaxes empregadas:
Cuadro de Mercedes García Bravo: “Gradiva, la que avanza”.
http://www.mercedesgarciabravo.com/pageID_6605289.html

Recursos HTML citados:

http://www.uned.es/biblioteca/conoce/EXPOSICIONES/mujarte/introduccion.htm
Http://mujerespintoras.blogspot.com/
http://mujerespintoras.googlepages.com/
http://www.pinturayartistas.com/recuperemos-a-las-mujeres-pintoras-de-la-historia
http://contenidos.cnice.mec.es/plastica/index.php?id=906
http://www.nikidesaintphalle.com/
http://blog.educastur.es/luciaag/2007/03/06/elementos-del-lenguaje-visual-la-textura/
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:Women_artists
Museo de mujeres artistas
http://es.wikipedia.org/wiki/Museo_Nacional_de_Mujeres_Artistas
Enciclopedia de mujeres artistas
http://www.artcyclopedia.com/artists/women.html
Mujeres en el arte
http://mujeresenelarte.blogspot.com/
Biblioteca de mujeres artistas
http://bibliotecademujeresartistas.blogspot.com
Women artists in history
http://www.wendy.com/women/artists.html
Historia de las mujeres artistas
http://lienzos.blogspot.com/2007/04/mujeres-artistas-en-la-historia.html

Documentos:
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da ESO en Galiza. DOGA 13/07/08


Imprimir - Arriba

(Página creada con 1,2,3 Tu WebQuest - http://www.aula21.net/)