Ligazóns TIC

137 anos de Popular Science online

Para os seguidores da Tecnoloxía a
revista Popular Science é unha vella coñecida. Aínda que a súa edición
castelán máis recente non durou moito no mercado (podedes atopar números
na biblioteca, lectura recomendada na área de Tecnoloxía), agora
podedes disfrutar de 137 anos do mellor da divulgación tecnocientífica
entrando AQUÍ.

BARRAPUNTO: unha das millores páxinas en castelán

En BARRAPUNTO.COM podemos estar informados de moitos aspectos (tecnoloxía, ciencia, cultura, sociedade,...) relativos á era da información. Un medio de información fundamental e diferente dos habituais.

EL COSMONAUTA: unha peli diferente

E non polo argumento, que pode que tamén, senón polo sistema de produción e financiación. É a primeira película no estado español producida e distribuida, cando estea rematada, baixo licenza CREATIVE COMMONS.

REDES PARA LA CIENCIA

REDES é un dos programas máis destacados e singulares da televisión no estado español. Dende a súa páxina,  REDES PARA LA CIENCIA, poden verse online os programas xa emitidos.

O BLOG DE TECNOLOXÍA DO IES

Este curso o blog de Tecnoloxía e TIC, TIC-TEC, está enfocado a publicar traballos e novas feitas polos alumnos. Agardamos os vosos comentario.

Distribuir contido