Benvida

Benvido/a ao IES Alfredo Brañas


  Preme aquí se queres saber como chegar ao noso instituto.


 

Novas

 

Xoves 16, desde as 12:50 ata as 14:30 celebrarase no Salón de Actos o acto das letras galegas, dirixido a todo o alumnado do centro (2º BACH con asistencia voluntaria).

O acto contará con actuacións musicais, baile (A lavandeira da noite), conferencia sobre o homenaxeado deste ano, Roberto Vidal Bolaño, poemas, e moitas cousas máis.

Ademais, preséntase o novo número da revista do noso IES, Pomba Dourada.

Feliz Dia das Letras Galegas, e que haxa mil primaveras máis para a nosa língua.


 

 


O IES Alfredo Brañas, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, leva a cabo unha campaña solidaria cos máis desfavorecidos da provincia dende o luns 13 ata o xoves 16 de maio.
Podes participar aportando un litro ou quilo de calquera alimento non perecedoiro.
Aproveitaremos tamén para a recollida de tapóns de plástico.
As alumnas de Comercio estarán estes días na entrada nos recreos da ESO e Bac. para a recollida.

Para ver a nova na prensa, preme aquí.

 

 


A excursión a Italia do alumnado de 4º de ESO faise entre os días 14 e 20 de maio. O alumnado visitará Roma, a Toscana e Venecia. O programa completo pódese consultar premendo aquí.

 

 

 

 


Dous interesantes proxectos da 2ª semana das letras que podes consultar aquí:

 

Mensaxes en botellas

Marcadores de libros

 

 


A 2ª Semana das Letras, as Artes e a Música celébrase entre o 22 e o 26 de abril. Podes consultar o horario completo de actividades premendo aqui. Para ver a nova na prensa diaria, preme nas seguintes ligazóns:

          Voz de Galicia, 21 de abril

          Voz de Galicia, 23 de abril

          Voz de Galicia, 24 de abril

 

Luns 22

Conferencia de Roi Vidal, "Roberto Vidal Bolanho e o futuro do teatro galego" 10:40 a 11:30 no salón de actos. Se queres ver un video sobre o tema, preme aquí.

Presentación de "Plastic Dolls Show", de Olivia Pena, da man de Xesús Pisón. 10:40 a 11:30 no salón de actos. Se queres saber máis, preme aquí.

 


Martes 23

Conferencia de Xavier Alcalá, "A transición do libro tradicional ao dixital". 9:30 a 10:40 na Aula de Video. Para saber máis sobre Xavier Alcalá, preme aquí.

Presentación de "Crónicas de Carballo", de Xan Fraga, da man de Evencio Ferrero. 10:40 a 11:30 no Salón de Actos. Para saber máis, preme aquí.


Mércores 24

DÍA DA PRENSA

Conferencia dun membro de "La Voz de Galicia". 12:00 a 12:50 na Aula de Video.


Xoves 25

DÏA DA LÍNGUA

Teatro: Engominados.  10:40 a 11:30 no Salón de Actos.

O recén creado grupo de teatro para adultos A. C.Coro Vagalume presentan o seu primeiro espectáculo. Un amor rebelde e imposible será o eixe desta historia que acontece na Norteamérica dos anos 50, onde as bandas marcan cada unha o seu estilo. Comedia adolescente chea de momentazos románticos con algún número musical que sorprenderá ao público asistente.

Conferencia de Valentim Fagim (membro de AGAL), "A conexión galego-portuguesa".

Charla-coloquio sobre o Parlamento galego. 12:00 a 12:50 no Salón de Actos.

Conmemoración da Revolución dos Cravos  Preme aqui para escoitar o Grândola vola morena...


Exposición sobre a Lusofonía. 9:00 a 9:50, 9:50 a 10:40, 12:00 a 12:50 e 13:40 a 14:30.


Venres 26

DÍA DA MÚSICA

MAXIA POTAXIA. Espectáculo de maxia co mago Andros. 9:50 a 10:40 no Salón de Actos.


Concerto de Last Shot. Ata as 12:20 no patio do IES.

 

Durante toda a Semana haberá obradoiros de manualidades, accións poéticas, poemas rodantes, exposicións sobre música e cinema e excursións. Os horarios e grupos afectados pódense consultar aquí.

Para as actividades do Departamento de Francés, con horarios detallados, preme aquí.

 

 


24 de abril.
- concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia.
- visita ao Museo Pedagóxico de Galicia.
- Desde 2ª hora (09:50-14:30).
- Alumnado participante: 3º ESO-A,B,C.


26 de abril.
- concerto didáctico (conferencia + audiovisual) no Auditorio de Galicia.
- visita ao Parlamento de Galicia (alumnos de 2º ESO) // visita a unha exposición no CGAC (alumnos de 4º ESO).
- Toda a mañá do venres 26 de abril (09:00-14:30).
- Alumnado participante: 2º ESO-D e E, 4º ESO-A/C (Música) (e, se hai prazas, outros alumnos e alumnas de 4º ESO con EPV).

 

 

 

 


O Día do Libro, 23 de abril, conmemórase no noso Instituto cunha exposición de libros organizada pola Libraría Brañas, que permanecerá activa durante toda a semana.

 

 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca un peche no IES Alfredo Brañas o luns 15 de abril, que durará toda a noite. Protéstase con este peche contra os recortes no ensino e o proxecto da nova lei de educación, LOMCE. O peche esté aberto á participación de toda a comunidade educativa.

Preme aquí para ver a nova na prensa.

   

 


Alumnos e alumnas de 4º da ESO, 1º e 2º de BAC participan do 9 ao 11 de abril nas Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo concello da Coruña. Estas ofrecen a oportunidade de coñecer tanto os estudos artísticos e de FP que se imparten na cidade como os estudos universitarios que se ofertan na comunidade autónoma galega. Preme aquí para consultar o folleto informativo.

 

 

 


martes 16 de abril o noso alumnado (e o profesorado e demais persoal que así o desexe) poderá participar na campaña de Normalización Lingüística "Gústame o galego".

   

 


martes 16 de abril, saída a Santiago-Padrón organizada polos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega, para o alumnado de 4º ESO. Visitarase Santiago (pequeno paseo), Fundación Camilo José Cela e a Casa-Museo de Rosalía. A saída comeza ás 9:00 e remata ás 18:10.
   

 


O xoves 18 e o venres 19 de abril un grupo de alumnado de 2º ESO participará nun intercambio territorial no Porto, dentro do Proxectoterra. Dentro deste programa, xa participaramos o ano pasado cun intercambio en Melgaço.

 

 


Venres 5 de abril a última hora da mañá, un representante da Universidade de Vigo informará aos  alumnos de 2º de BAC sobre titulacións, becas e servizos  que ofrecen aos estudantes do seu campus.

 

Lugar: Salón de actos. Organiza: Departamento de Orientación.

 

 


Chamada á colaboración

 

 

Está aberto o prazo para colaborar no próximo número da revista do noso instituto, Pomba Dourada. Pode participar calquer membro da comunidade escolar, e ex-alumnos e alumnas, ex-profes, ex-persoal non docente. Ánimo e participa!

O prazo está aberto ata o venres 19 de abril.

 

 


Do 11 ao 15 de marzo celebramos de novo a semana da froita, con reparto gratuito de froita fresca na hora anterior ao recreo.

 


 

 


Publicada no  DOG do 21 de xaneiro de 2013 a resolución pola que se convocan as probas de acceso aos ciclos de formación profesional.

 

Datas de matrícula para ciclos medios: 25 de febreiro a 8 de marzo.

Podes realizar a inscrición no noso instituto  ou en calquera outro  que imparta ciclos formativos de formación profesional.

 Lembra que para poder presentarte ás probas de grao medio é necesario ter cumpridos 17 anos ou cumprilos no ano natural da celebración da proba.

Preme aqui para ver o calendario de acceso.

Máis información en Orientación ou na páxina www.edu.xunta.es/fp

 

 


Martes 26 e mércores 27 de febreiro, 8º feira das ciencias do IES Alfredo Brañas

Organizan os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química, Tecnoloxía e Debuxo.

As instalacións estarán situadas nos corredores dos laboratorios, Desdobre 8, aulas de 2º Bacharelato e Laboratorios de Ciencias e Física/Química.

Os grupos do centro visitarán as instalacións cun horario que se expoñerá xunto co parte de cada aula.

Para ver a nova na prensa diaria, xunto cun video, preme aquí.


Visitas

Visitarán as istalacións da Feira os alumnos e alumnas do IES Monte Neme, CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, Colexio Artai.
Mércores 27 á tarde, xornada de portas abertas.
Podes consultar o horario completo premendo aquí.

 
A segunda edición da "Novaligasódosmellores" segue a súa marcha cos resultados da primeira volta de balonmán. Para seguir o que acontece nesta Liga, preme aquí.
   

 

 


O Portal Educativo ven de incorporar un espazo temático de Normativa educativa.

Neste espazo pódese obter información sobre máis de 1.200 disposicións (de distinto rango: Circulares, Decretos, Leis Orgánicas, etc...) de carácter autonómico ou estatal publicadas tanto no Diario Oficial de Galicia coma no Boletín Oficial do Estado.


Este novo espazo incorpora un buscador da normativa, no que se pode obter unha listaxe das disposicións normativas relativas ao tema consultado, permitindo a procura por título, departamento, colectivo, nivel educativo, datas de publicación, tipos de boletíns ou rangos.

Para acceder, preme na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.es/web/normativa

 

Co gallo do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, o IES Alfredo Brañas celebrará unha homenaxe á escritora o día 22 de febreiro, no que se realizarán as seguintes actividades:

- entrega de díptico sobre Rosalía de Castro

- breve introdución á Rosalía de Castro

- proxección de imaxes

- audición de cancións

- recital de poemas de Rosalía pola comunidade educativa

 

 


Para coñecer o calendario de exames para alumnado con asignaturas pendentes do curso anterior, preme aquí. 

 

 

 


Dentro do proxecto ABALAR de uso de tecnoloxías da información en 1º de ESO, o noso centro programa un curso de formación para profesores e profesoras, en 16 sesións de 3 horas e 1 sesión de 2 horas, cun total de 50 horas. O coordenador do curso é Xabier Parguiña.

 

As datas de celebración das sesións de formación serán:

Novembro: mércores 21 e 28

Decembro: mércores 12 e 19

Xaneiro: mércores 9, 16, 23, 30

Febreiro: mércores 6, 20, 27

Marzo: mércores 6, 13, 20

Abril: mércores 3, 10, 17

Distribuir contido