Antonio Rial Boubeta é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de mais de 140 artigos en revistas científicas de impacto internacional e director de 21 teses de doutoramento, foi responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias. É membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. Dirixíu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria, que é a día de hoxe un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema. O curso pasado dirixíu tamén o estudo Adolescencia, Tecnoloxía, Saúde e Convivencia, da man da Fundación Barrié, na que participaron 10.000 adolescentes galegos. Ten publicado os seus traballos nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e as adiccións, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology. Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne) ou o DCU Anti-Bullying Centre (de Irlanda). É tamén colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, tanto prensa, como radio e TV. En 2022foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia. Forma parte do Comité de Expertos creado recentemente polo Ministerio de Infancia e Xuventude, para a protección dos menores na contorna dixital.
11 de abril de 2024
Alumnado de 3º da ESO este xoves 11 de abril, de 16:00 a m17.30, vai participar na X edición do concurso de Matemáticas na Raia organizado pola asociación AGAPEMA. Dito concurso ten como obxectivo a resolución colaborativa de problemas tendo como observadora unha persoa allea do centro. Neste concurso o resultado infñue en todo o grupo, non nun grupo concreto dos varios que poidan ser. Se se derá a probabilidade de gañar o premio consistirá nunha estancia de fin de semana (25-26 de maio) men Esposende con tódolos gastos pagados para o alumnado participante e gañador e o profesorado, onde o alumnado portugués e galego confraternizarán realizando visitas turísticas e "competicións amistosas".
Para consultar todo o referente a ditop concurso mirar no seguinte enlace:
Ánimo e que teñades moita sorte.
INAUGURACIÓN DO NOVO SALÓN DE ACTOS
2 de ABRIL de 2024
Unha vez rematas as obras da reforma íntegra do salón de actos, o Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, D. Román Rodríguez González, procederá no día de hoxe á inauguración do novo salón de actos.
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:
Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
on Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
3.ENCHE O FORMULARIO.
Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS
XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)
PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es
DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO
Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.
Para calquera dúbida, podes consultar a través de:
TELEFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.
CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal
8M
DÍA DA MULLER
Celebramos o 8 de marzo e unímonos á facer deste día un día de reivindicación e celebración coa letura dun pequeno comunicado e coa música de "Fillas de Cassandra- II": Lisístrata (varre vasoira)
Imaxe: https://esgalicia.gal/gl/vivir-en-galicia/galicia-primeira-comunidade-en-emitir-un-certificado-de-competencias-dixitais
Infórmase de que o alumnado de 4º da ESO e de 2º de BAC poderá acreditar a súa competencia dixital realizando unha proba no propio centro educativo. O alumnado de 4º da ESO poderá acreditar un coñecemento medio en competencias dixitais e o alumnado de 2º de BAC sobre seguridade e privacidade (área 4 MGCD). Ditas probas realizaranse no mes de abril para o alumnado de 2º de BAC e no mes de maio para o alumnado de 4º da ESO.
O alumnado interesado en realizar dita proba deberá solicitar o anexo IV da resolución na conserxería do Centro e traela cuberta pola persoa responsable do/da menor ampliándose o prazo ata o 15 de marzo e deixala na propia conserxería do centro.
Para máis información sobre o proceso da resolución e o contido do Marco Galego de competencias dixitais poden consultar o enlace e os arquivos adxuntos
https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
INFÓRMASE QUE:
Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto.
NÚMERO PREMIADO
0435
No recreo da ESO de hoxe venres, 1 de marzo, sorteuse a cesta con produtos de entroido. O boleto agraciado ten o número 0435. Parabéns á persoa agraciada e desexamos que desfrute moito de todo o contido en dita cesta.