Skip to Content

Viaxe á NEVE 2018


Despois de varios anos o centro retomou a saída á neve como unha actividade que ten o obxectivo de consolidarse para o alumnado de 3º da ESO.

As circunstancias que acompañaron esta actividade foron do máis variopintas, ata o punto de considerar a súa anulación, pero o interese do propio alumnado, o apoio dos pais e a xestión in extremis para buscar unha oferta ao plano inicial, foron quen de sacala adiante.

Dezaseis alumnos/as e dous adultos en condición de acompañantes, pasamos unha semana do 8 ao 15 de marzo que non vamos esquecer. Para a maioría foi o seu “bautismo de neve” nas magníficas condicións metereolóxicas e estupendas instalacións na estación de esquí de Boi Taull, en pleno Val de Arán no pirineo leridano.

O baixo número de participantes obrigou a compartir a nosa viaxe co alumnado e profesorado de outros dous centros de Ferrol, IES. Catabois e Ferrol Vello, veteranos nas viaxes a Boi Taull. Só lles podemos dalas grazas polo seu trato e compañerismo e esperamos que se volve darse o caso, poidamos contar con eles en próximas ocasións.

AQUÍ TEDES O VÍDEO RESUMO DA VIAXE



page | by Dr. Radut