Skip to Content

Visita aos Museos científicos de Coruña.

 

     
 

 
     
 

O día 04/02/2015 os alumnos de 3º e 4º ESO realizaron unha visita didáctica aos Museos Científicos coruñeses organizada polo  Departamento de Bioloxía.

Na Domus visualizaron un documental científico en 3D sobre as técnicas máis innovadoras na construción dos avión comerciais e realizaron un grande número de actividades interactivas sobre o corpo humano e outras como lanzar un penalti e comprobar a velocidade á que se lanzou o balón…

No Aquarium Finisterrae, que está encravado nun espectacular entorno natural,  disfrutamos da diversidade da vida na costa galega a través dos impresionantes acuarios que representan os distintos ecosistemas das costas e xa fóra divertímonos vendo as focas mergullándose na gran piscina exterior.

E para rematar, no Museo das Ciencias participaron nas distintas experiencias relativas á física

 
     
   

Participaron en todas as actividades con gran interese!

 
     
 

 

 


page | by Dr. Radut