Skip to Content

Lingua Galega

Departamento Lingua Galega


  PROFESORADO

    • Carmen Costas
    • Malores Villanueva
    • María Xosé Rial 
    • Patricia López
    • Sonia Santos
    • Susana González
    • Xulián Martínez
    • Zeltia Barreira

Aquí tamén se fala 2024

O noso alumnado participa na campaña Aquí tamén se fala en colaboración co comercio da nosa zona. Moitos foron os locais que se adheriron a esta iniciativa grazas ao activismo da rapazada do centro que se implicou activamente.

En Coia fálase galego, como o demostran a multitude de comercios que puxeron nas súas portas o cartel. 

Graciñas! Aquí tamén se fala!

 

 

Parlamento xove 2024

Os días 15 e 16 de marzo alumnado de 1º de bacharelato participou no Parlamento Xove 2024.

Constituíron dous equipos, o primeiro composto por Inés Cordón, Alba García, Julia Vidal e Erick Villaverde e o segundo por Samuel Panadeiros, Claudia Álvarez, Thalía Carreira e Noa Costas.

O tema a debater este ano era se os estados deben limitar o desenvolvemento da Intelixencia Artificial e enfrontáronse a tres centros de toda Galicia. Acompañados das súas profesoras Susana González e Malores Villanueva, o noso alumnado demostrou solvencia e así se reflicte nos seus resultados.

Parlamento Xove 2024

Dous grupos de estudantes de 1º de bacharelato participan esta fin de semana na 15ª edición do Parlamento Xove. Levan varias semanas preparando xunto ás súas profesoras un interesante tema de debate:

Os Estados deben tomar medidas para limitar o desenvolvemento da intelixencia artificial?

Para seguir en directo a competición aquí tendes os enlaces para o streaming de YouTube:

Na seguinte ligazón tendes os horarios e as salas dos distintos debates nos que participan os equipos do centro.

 

Saída á sala Ártika 2024

Un ano máis o Departamento de Lingua Galega organizou unha saída á Sala Ártika.

Primeiro foi o alumnado de 4º da ESO gozou da representación da peza A mosca, que previamente traballaron na clase.

Unhas semanas despois foron os de 1º da ESO, nesta ocasión asistiron á estrea de Monstros. Coma sempre unha experiencia fantástica!

 

Visita ao Parlamento de Galicia 2024

O pasado xoves o alumnado de Afondamento realizou unha visita guiada polo Parlamento de Galicia. Este curso participamos nos Contratos Programa da Conselleria de Educación.

En marzo asistiremos ao concurso de debate Parlamento Xove con dous equipazos de mozas/os. O Parlamento é, ademais, espazo de exposición de artistas galegos contemporáneos. Ficamos abraiados coa súa colección!

Para aproveitar ben a viaxe, fixemos unha visita ao Museo do Pobo Galego.

Unha visita a Compostela do máis aproveitada, non si?

Mil primaveras máis para Cunqueiro 2023

O alumando de 1º e 2º da ESO realizaron o último día de clase antes das vacacións de Nadal unha serie de actividades relacionadas co escritor que dá nome ao noso instituto, Álvaro Cunqueiro. As monitoras foron alumnados de 1º de bacharelato que achegaron a figura do mindoniense ao alumnado máis novo do centro na data en que cumpriría 112 anos.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

Master Chef Cunqueiro 2023

O 22 de decembro é o aniversario do escritor Álvaro Cunqueiro e, como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística, organizan unha xornada de festexo arredor da súa figura. O alumnado do centro elaborou trinta e dúas tortas para o concurso Master Chef Cunqueiro e as persoas gañadoras levaron un lote de produtos galegos.

Para rematar a xornada cantámoslle o Parabéns por estes 112 anos!

Grazas a todo o alumnado por participar, especialmente ao de Afondamento de Galego, sen o que non poderiamos ter organizado o evento.

Mil primaveras máis para Cunqueiro!

Visita á exposición Vigo no tempo 2023

O luns o alumnado de Afondamento de Galego e de 4º de PDC visitou a exposición "Vigo no tempo" que nos achega á historia da cidade dende os primeiros vestixios ata a actualidade. O alumnado puido coñecer os principais fitos que viviu esta cidade que foi medrando como obra colectiva e fíxoo da man dun dos comisarios da mostra, o escritor Manuel Bragado. Un privilexio sen dúbida!

Presentación calendario Conxelados Pereira 2023

O alumnado de Afondamento de Galego participou no acto de presentación do calendario-receitario 2024 da empresa viguesa de Conxelados Pereira. No acto participaron dous chefs, Ana Vilar, nominada como mellor cociñeira no certame de Tapas de Galicia, e Lluis de la Riva, finalista da 11ª edición do concurso de Master-cheg España. Cada un elaborou un prato das receitas do libro Cocina Gallega de Álvaro Cunqueiro e Araceli Filgueira. Cociñaron para nós en directo e degustamos unha empanada de chocos e vieiras con xamón.

Puidemos coñecer o fillo do escritor, César Cunqueiro, que nos contou algunhas anécdotas do seu pai e tamén aos responsables da empresa Pereira.

No acto participaron tamén as alumnas Gadea López e Alba García en nome do alumnado e o noso director.

Foi unha xornada moi especial porque se estreou o coro do instituto que dirixe David Barros cantando o fermoso poema de Cunqueiro "No niño novo do vento".

Distribuir contido


by Dr. Radut