Skip to Content

VÍDEO

 LA CATEDRAL

 

Noa María Latas García e Iria López Martínez de 3º ESO C foron as gañadoras do concurso de vídeos que se organizou no terceiro trimestre na materia de Lingua Castelá e Literatura e que tiña como temática o contido da lectura obrigatoria. Elas escolleron para preparar a súa creación a obra de César Mallorquí La catedral. O seu vídeo foi o vencedor por unha ampla maioría (73,7%). Aquí o tedes.

 

ALUMNAS DE 3º ESO PREMIADAS NO CERTAME TERRA CHÁ

 

Un grupo de alumnas de 3º ESO resultaron gañadoras no XLIV Certame Terra Chá de creación infantil e xuvenil. Alexia Fernández Villanueva (3º ESO B) e María Fernández Escariz (3º ESO C) gañaron na categoría de poesía e Daniela Castro Seijas, Irea Devesa Iglesias e Antía Roibás Arcos no de narrativa. Recollerán os seus premios o día 6 de agosto no Festival de Pardiñas.

 

 

 

 

Noraboa a todas!

ATENCIÓN: AVALIACIÓN ORDINARIA ALUMNADO 2º BAC

As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º BAC entregaranse o martes 16 de maio ás 19.30 horas no salón de actos do centro.

O prazo de reclamación ás cualificacións é o 18 e 19 de maio de 09.00 a 14.30 horas.

O alumnado que supere todas as materias terá unha reunión coa dirección do centro o 18 de maio ás 10.00 horas no salón de actos.

Visita a Entrepinares, Vilalba

O venres 14 de outubro de 2022 o alumnado de Tecnoloxía e Economía de 4 ºESO asi coma os alumnos de 1ºBAC de Tecnoloxía e Enxeñería, disfrutaron unha amena visita a fábrica de queixo "Entrepinares" en Vilalba.

¡Moitas grazas polas interesantes explicacións!

Álbum: Curso 2022/23 -> Visita Entrepinares

Always remenber us this way

Un ano máis o departamento de Música do IES Anxel Fole deleitanos cun novo e espectacular Video musical

 

 

 

INICIO CURSO 2022/23

Pegadas no Hall

Tomando como punto de partida o traballo compartido por Rosa de Trías, adaptámolo ó noso alumnado de 1°da ESO neste proxecto que consta de dúas partes:

Ca pegada individual reflexionamos sobre quén somos, qué é importante para nos, que pegada queremos deixar no noso paso polo mundo. Cores que te representan, frases que te motivan ou cancións que te emocionan. Na pegada colectiva, vemos que formamos parte do grupo, somo imprecindibles e ninguén pode ocupar o noso lugar. Qué queres aportar? Con qué podes contribuir? Os fragmentos traballados de cada alumno forman a pegada colectiva que expuxemos na entrada do centro.

O grupo de 3º ESOE, ofrecéuselles a posibilidade de deixar a súa pegada na parede exterior do centro e realizárona con rotuladores POSCA.

 

Fuxe do rocho

ROMANCEAMOS

Compilación De Romances 3º Eso

 



Distribuir contido


by Dr. Radut