Skip to Content

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

     O pasado 20 de abril aproveitando a proximidade do DÍA DA TERRA, que neste ano 2021 celebrouse o xoves 22 , levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía consistente nunha visita virtual ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    O Obxectivo desta visita virtual foi realizar unha divulgación e educación enerxética centrada nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental. Se fixo un recorrido completo a unha vivenda bioclimática situada no propio parque , e na que é moi sinxelo aprender como ter en conta o seu deseño, ubicación e adaptación ao terreno para aproveitar os factores climatolóxicos.

    A pesar dalgún problema co audio, a visita virtual foi moi interesante e dous grupos de 3º ESO tiveron a sorte de disfrutala.

Álbum: Curso 2020/21 -> Visita Virtual SOTAVENTO

Arte, Robótica e Creatividade

ARTE, ROBÓTICA E CREATIVIDADE

         O derradeiro mércores 7 de abril levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía e desenvolvida polo equipo de área educativa de Afundación (Obra social ABANCA) , que se desprazou ata o IES Anxel Fole para levala a cabo, traendo con eles todo o material que se precisa para poder realizala (ordenadores portátiles, cables, tarxetas Microbit, e trebellos varios de robótica e electrónica.), e sempre tendo en conta as máximas medidas de seguridade.

 

        A actividade chámase "Arte, robótica e creatividade" e cunha duración aproximada de hora e media ten coma obxectivo subliñar a importancia de detectar unha necesidade ou marcar un factor diferencial á hora de deseñar un produto.O obradoiro consiste en crear un prototipo de mascarilla 3.0 e a programación de tarxetas Microbit a través de MakeCode.

 

        Tres grupos de alumnos de 3ºESO participaron neste Obradoiro organizado pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA Afundación grazas a unha aula itinerante STEAM (ciencia, tecnoloxía e matemáticas nas súas siglas en inglés). O alumnado accedeu directamente ao concepto de programar con placas microbit. As actividades desta aula STEAM contan con códigos abertos e gratuítos de tal xeito que o alumnado pode continuar o seu traballo dende a casa.

Premios Atrévete 2020

O luns 21 de decembro de 2020 fixemos a entrega de premios do concurso “ATRÉVETE A TER UNHA IDEA”, sendo os premiados Helena Ben Vázquez e Xan Rodríguez Navarrete, ambos da materia de Educación Financeira.

 

Parabéns a todos os participantes, e en especial aos premiados, polo esforzo realizado.

 

O programa ATRÉVETE, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, tiña prevista a súa clausura no mes de xuño, de forma previa ao fin do curso escolar 2019-2020. Posto que, ao longo da súa realización, se viu afectado pola aplicación de medidas fronte á COVID-19 que, polas súas características imprevisibles e inesperadas, imposibilitaron o desenvolvemento normal do programa e modificaron as circunstancias iniciais establecidas neste, decidiuse suspender o acto de clausura e entrega de premios por parte do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Profesional en Santiago de Compostela.

A devandita clausura do programa ATRÉVETE e a entrega de premios do concurso ATRÉVETE A TER UNHA IDEA, pospúxose ata o primeiro trimestre do vindeiro curso 2020/2021 de xeito que, ao non poderen facer un acto multitudinario coas autoridades, delegaron ao centro dita entrega.

Álbum: Curso 2020/21 -> Atrévete 2020 - Economía

Dende o departamento de Tecnoloxía

Álbum: Curso 2020/21 -> Tecnoloxías: nadal 2020

FELICITACIÓN DE NADAL

O IES ÁNXEL FOLE DESEXA FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Protocolo de adaptación para centros de ensino non universitario

Acceso ao protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2021/22

(versión 1/10/2021)

Plan de continxencia

Enlace ao plan de continxencia do IES Ánxel Fole

Becas 1º e 2º Bac

Recórdase que están en prazo ata o 1 de outubro a solicitude de becas para 1º e 2º de Bac na web www.mec.es.

información ciclos formativos

AVISO

As solicitudes para entrar na Formación Profesional (Ordinaria, Dual, Modular etc), ciclos medios, ciclos superiores empezan o xoves 26 de xuño.

 

 

Máis información en:
http://www.edu.xunta.gal/fp/
http://www.edu.xunta.gal/fp/calendario-proceso-admision-ciclos-formacion-profesional-fp-dual-curso-2020-2021

 

Asimesmo, as Ensinanzas Deportivas oficiais (ciclos medios de Atletismo, Futbol Sala etc), e as Ensinanzas Artísticas Oficiais (Serigafía, Fotografía etc)

Distribuir contido


by Dr. Radut