Skip to Content

AVISO URXENTE!

Queremos comunicar unha errata na data das rifas adquiridas para a venta da viaxe a Madrid do IES Ánxel Fole

A data correcta é a do 16 de Maio de 2024 .

Disculpade as molestias.

 

CONVOCATORIA BECAS MEC

Xa se poden solicitar as becas do MEC destinadas a alumnado que o vindeiro curso vaia cursar estudos de Bacharelato, Ciclos Formativos ou Estudos Universitarios.


Prazo de solicitude: do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024.


A información detallada pode consultarse na páxina www.becaseducacion.gob.es


Máis información no arquivo adxunto.

PROBA DE ACREDITACIÓN: NIVEL INTERMEDIO DE COMPETENCIA DIXITAL

Dirixido ao alumnado 4ºESO e 2ºBAC

Resolución do 24 de febreiro de 2024

DATAS DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES

3ª AVALIACIÓN MATERIAS 1º BACHARELATO PARA ALUMNADO DE 2º BAC

 

FINAL PARA ALUMNADO DE 2º BACHARELATO  E 3ª AVALIACIÓN PARA O RESTO DE ALUMNADO 

 

AVALIACIÓN FINAL

Visita ao CEIP Illa Verde

O pasado mércores 15 de maio alumnos e alumnas da materia Historia da música e da danza de 2ºBAC  presentaron un concerto ao alumnado do CEIP Illa verde de Lugo.

Álbum: Curso 2023/24 -> Visita ao CEIP Illa Verde

Visita a Entrepinares

Visita dos alumnos de 1ºBac á factoría de Queixos Entrepinares en Vilalba, para coñecer as instalacións, o proceso productivo e os controis de calidade.

Día Internacional da Violencia contra a Muller

Dende o IES Ánxel Fole estanse a programar unha serie de actividades para as vindeiras semanas co motivo do Día Internacional da Violencia contra a Muller.

OBRADOIRO IDENTIDADE DIXITAL E REDES SOCIAIS

Dende o departamento de Tecnoloxía e no marco de desenrolo dos obxectivos do Plan Dixital do centro, o pasado luns 30 de outubro, organizouse unha charla de educación dixital co tema Identidade dixital e redes sociais" para o alumnado de 2º ESO. Nesta ocasión o obradoiro tivo lugar na clase de 2ºA. Próximas actividades desenvolveranse nos outros grupos e cursos.

 

Ponente: Manuel Rivas

HORARIO LECTIVO CURSO 2023 / 2024

Luns e martes: 08:30 - 14:50 h.

Mércores, xoves e venres: 09:00 - 14:30 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut