Skip to Content

SOLICITUDE DE KITS EDUCA EN DIXITAL

O programa "Educa en Dixital" atende as necesidades do alumnado sen recursos e en situación de vulnerabilidade, e que debido ás esixencias propias do curso no que se atopa escolarizado, precise dispoñer no seu domicilio dun equipo informático.

A asignación dos kits realizarase en base a estes aspectos, polo que pedimos a aquelas familias que non cumpran estes requisitos, que se absteñan de solicitalos.

As familias do alumnado que si se atope nestas situacións, deberán entregar na Secretaría do centro, debidamente cuberto, o impreso que se achega (é autoeditable, polo que se pode encher directamente no ordenador, móbil ou tableta). Prema aquí para a súa descarga.

 

DÍAS NON LECTIVOS DE LIBRE DISPOSICIÓN

O día 13 de outubro non será lectivo, conforme ao acordado polo Claustro e Consello Escolar deste centro educativo.

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E MATRÍCULA NO CURSO 2023/24

O DÍA 23 DE XUÑO entregaranse os BOLETÍNS DE NOTAS en horario de 9 a 11 h. Pedimos que se aproveite esta circunstancia para deixar formalizada a MATRÍCULA do vindeiro curso, ENTREGANDO ESE MESMO DÍA O SOBRE DE MATRÍCULA CON TODA A DOCUMENTACIÓN

Toda a información sobre a documentación que hai que entregar está no seguinte ficheiro: enlace

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

Preme no curso correspondente para acceder á listaxe de libros.


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Non se precisará mercar libro de Lingua Castelá e Literatura para o 3º curso da ESO.
*O alumnado proposto para PDC debe agardar a setembro para ser informado dos libros que necesitará.

 

  • AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 1º DA ESO DA MATERIA DE FRANCÉS!

          O ISBN do libro é incorrecto, o correcto é o seguinte: 978 84 13 92 62 54

  • Recomendación xeral para todo o alumnado: aconsellamos mercar sempre os libros en establecementos que ofrezan a posibilidade de cambio. Asemade, recomendamos que non se lle poña o forro e o nome antes da primeira clase por se é preciso cambialo.

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO 23/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023 

As listaxes provisionais publicaranse o 12 de xullo de 2023 como data límite. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Toda a información publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.  (Consultar na Secretaría do centro)

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2022/23. Convocatoria ordinaria. Reclamacións

16 de maio 2023: Xunta avaliación ordinaria e publicación das cualificacións a partir das 16:00.

18 e 19 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

Reclamacións das cualificacións:

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022/23.

22 de maio (ata as 14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial.

EXAMES SETEMBRO 2021

Datas e horas: enlace

 

Distribuir contido


by Dr. Radut