Skip to Content

Libros de texto

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

Preme no curso correspondente para acceder á listaxe de libros.


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Non se precisará mercar libro de Lingua Castelá e Literatura para o 3º curso da ESO.
*O alumnado proposto para PDC debe agardar a setembro para ser informado dos libros que necesitará.

 

  • AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 1º DA ESO DA MATERIA DE FRANCÉS!

          O ISBN do libro é incorrecto, o correcto é o seguinte: 978 84 13 92 62 54

  • Recomendación xeral para todo o alumnado: aconsellamos mercar sempre os libros en establecementos que ofrezan a posibilidade de cambio. Asemade, recomendamos que non se lle poña o forro e o nome antes da primeira clase por se é preciso cambialo.

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO 23/24

Prazo presentación solicitudes: 20/05/2023 - 21/06/2023 

As listaxes provisionais publicaranse o 12 de xullo de 2023 como data límite. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Toda a información publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.  (Consultar na Secretaría do centro)

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

 https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

As listaxes definitivas publicaranse o 26 de xullo de 2023 como data límite.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2020/21 (ESO)

IMPORTANTE: O prazo de presentación das solicitudes FINALIZA o VENRES 19 DE XUÑO

QUÉN O PODE SOLICITAR?:  Alumnado que vaia matricularse en calquera dos catro cursos da ESO o vindeiro curso.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O recadro da base impoñible xeral da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut