Skip to Content

ZONA DE APARCAMENTO TEMPORAL

A petición do IES A. Xelmírez I, o Concello de Santiago habilitou unha zona de aparcamento temporal no tramo esquerdo da beirarrúa que vai desde o noso centro até o Sanatorio da Esperanza (de 8.30 a 9.30 e de 13.30 a 14.30). O obxectivo non é outro que o de facilitar que o noso alumnado e os familiares que o transportan fagan a parada pertinente coa máxima seguridade e sen interromper o tráfico á hora de entrada ou saída do instituto. Xa que logo, agradécese a colaboración das familias utilizando a zona indicada e evitando a detención do coche en plena calzada para a baixada do alumnado.

GARANTICEMOS A SEGURIDADE VIAL DO NOSO ALUMNADO

CONTRIBUAMOS Á FLUIDEZ DO TRÁFICO A HORAS PUNTA



page | by Dr. Radut