Skip to Content

PARABÉNS!!! (PREMIOS LITERARIOS)

      A alumna Noela Rivas Cantelar, de 2º de ESO gañou o Certame de relato curto en Galego de Coca-Cola. A gañadora viaxará a Londres e a Madrid para participar nun campus.

      A alumna Raquel Aller Domínguez, de 1º de bacharelato, obtivo, co seu traballo La envidia llama al fuego, o primeiro premio na categoría xuvenil do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Fundación Camilo José Cela para conmemorar o centenario do nacemento do escritor padronés.

       O alumno Marcos Maira Castro, de 4º de ESO, obtivo, co seu traballo A xustiza pola man, o segundo premio na categoría de narrativa xuvenil  do XIII Certame Literario de Narrativa e Poesía convocado polo Concello de Ames para conmemorar o Día das Letras Galegas.

 



story | by Dr. Radut