Concurso de disfraces

Curso 23-24

Concurso de máscaras

Diseño

Día da Ilustración

Biblioarzúa anima ó alumnado a que comparta con nos eses marabillosos debuxiños que fan en clase cando se aburren...ou mesmo para concentrarse.....Sabemos que temos fantásticos ilustradores no IES e queremos que todos os vexan. Animádevos ata o 29 de febreiro

Diseño

Día da Paz en Biblioarzúa

Este ano en Biblioarzúa adicamos o día da paz á activista medioambientael e premio nobel da paz 2004 a Wangari Muta Maathai. O mércores 1 de febreiro no 2º recreo pásate pola biblio que imos proxectar a curta " Wangari y los árboles de la paz". Tamén temos unha exposición de cine antibelicista e lecturas pola paz por se che apetece levar algo en préstamo. Contamos contigo !!!

Diseño

Visita a Betanzos

Religion 3

Mulleres libres e diversas

Ata o 31 de xaneiro, en colaboración co Concello de Arzúa, contaremos no noso centro coa exposición “Mulleres libres e diversas”, organizada por Movemento pola Paz, na que se reflicte a diversidade das mulleres do mundo. O próximo 30 de xaneiro, Día da Paz Escolar, o alumnado da ESO participará nunha actividade, desenvolvida por Movemento pola Paz , na que se fará unha análise das situacións reflectidas en cada unha das fotografías, para impulsar a igualdade e a xustiza social.

Mulleres libres e diversas CIAM

Concurso Logo igualdade-diversidade

CARTAZ.pdf

Burns Night

O 25 de xaneiro celebramos no Departamento de Ingles "Burns Night", xunto con todas as persoas que queremos o pobo escocés. Recitaremos poesía, cantaremos e faremos actividades gamificadas con metodoloxía DUA.



Diseño

HORARIO DE NADAL

Horario de Nadal

Visitas a empresas da Coruña

Varias empresas foron visitadas polo alumnado de formación profesional do Centro. Os da familia profesional de Xestión e Administración coñeceron Miramar Cruises, unha axencia online especializada na venda de viaxes de cruceiros. O seu CEO, Hugo Iglesias explicoulle a súa traxectoria profesional no que especificou cómo deu o paso para converterse en emprendedor e ofreceulles unha visita guiada pola empresa situada no porto da Coruña. Pola súa parte o alumnado da Agraria visitou Os Biosbardos, unha empresa de Cambre de agricultura ecolóxica baseada nos principios da Permacultura. Esta empresa produce diversos produtos ecolóxicos, tendo como un dos seus principais clientes os empregados de Inditex, da sede de Arteixo. Ademais a empresa tamén supón un espazo colaborativo onde compartir coñecemento con toda aquela xente que queira unirse ao proxecto. Na visita, o alumnado puido ver como xeran o seu propio fertilizante a través da compostaxe de residuos vexetais da propia parcela e de empresas de xardinería que traballan pola zona e que llos ceden. A maiores coñeceron como elaboran biofertilizantes asesorados por un técnico orixinario de Colombia e con ampla experiencia no sector. Outro elemento destacable da visita foi o galiñeiro automatizado a modo experimental O emprendedor desta empresa indicou que ten unha forte demanda de produto que non son capaces de cubrir. A visita rematou coa experiencia de Paula Patiño, unha emprendedora que abandonou o sector asegurador para crear a súa propia empresa no mundo da alimentación e lanzou este emprendemento de por en marcha unha rede sostible conformada por produtores ecolóxicos da zona e o seu propio laboratorio en Os Campóns. Da súa empresa, Acastrexa saen produtos culinarios cunhas receitas singulares que contan con demanda en distintas partes do mundo como Xapón, Alemaña ou Estados Unidos entre outro.

Diseño