Calendario das probas libres de acceso a ciclos de agraria

As probas libres de acceso a ciclos terán lugar nas seguintes datas:

  • 2 de xuño: acollida ás 12:00
  • do 5 ao 9 de xuño: proba libre parte teórica
  • do 12 ao 19 de xuño: proba libre parte práctica.

O prazo de matrícula remata o 30 de maio.

 

CHARLA SOBRE A ADICIÓN A VIDEOXOGOS E PANTALLA

O pasado martes, 9 de maio, tivo lugar no noso centro, dentro das Escolas de Nais e Pais, unha charla na que se trataron diversos temas relacionados coa adición a videoxogos e pantallas. A charla foi impartida por Patricia Gómez Salgado, Licenciada e doutora en Psicoloxía e experta en adolescentes e TIC´S.

Patricia, dunha maneira moi clara, trasladounos as vantaxes e desvantaxes do uso da Internet e das Redes Sociais e deunos pautas para que os/as nosos/as adolescentes teñan unha relación san coas novas tecnoloxías. É necesario traballar con eles, entre outras cousas, a autoestima, a empatía, a asertividade, o respecto e a comunicación, así como marcar normas e límites e ter outras alternativas de ocio e tempo libre.

Charla ENAPAS

Inscrición para probas de acceso libre a ciclos formativos de grao superior

Período de matriculación para o alumnado admitido desde as 9:00 do día 10 de maio ata as 13:00 do día 19 de maio no centro no que teña praza adxudicada.

Comezo do período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Becas y ayuda para alumnos con necesidades específicas de apoyo educativo (curso 23-24)

Becas

Día da bici

 

Día da bici

Dende o curso pasado o IES de Arzúa organiza unha marcha en BTT co obxectivo de fomentar o emprego da bicicleta como un medio de transporte sostible ao mesmo tempo que se pretende que o alumnado adquira un estilo de vida saudable. Nesta edición realizarase unha ruta circular o luns día 28 de maio polos diferentes camiños de Santiago que percorren o Concello de Arzúa e os seus concellos limítrofes. Unha actividade á que está convidada calquera persoa que forme parte da Comunidade educativa. Existirá coche escoba acompañandoo ao grupo en todo momento.

Charla sobre ADICIÓN A VIDEOXOGOS E PANTALLAS

Desde as Escolas de Nais e Pais do IES de Arzúa agardámonvos o martes 9 de maio ás 18:30 no Salón de actos do noso centro para unha interesante charla sobre ADICIÓN A VIDEOXOGOS E PANTALLAS da man de Patricia Gómez Salgado Licenciada e doutora en Psicoloxía e experta en adolescentes e TIC’S. 

@iesdearzua #iesdearzua @edu.xunta @educaciongob @planderecuperacion #xacobeo2022 @educaciongob @europeancommission @fpgalicia @fpdual_galicia @erasmusplusprojects @sepie_gob #enapas

CMVMC de Cruz do Avelán

CMVMC de Cruz do Avelán

1º CM Agroecolóxico

1° Cm Agroecolóxico

Visita á TVG

O pasado 26 de abril os/as alumnos/as da rama de administrativo do IES de Arzúa (Ciclo superior de Administración e Finanzas e FP básica) acudiron ás instalacións da TVG de Santiago. Entraron en dous platós de televisión onde estaban a emitir en directo os programas "Bos días" e "A revista". Recorreron as instalacións onde unha guía lles foi explicando o funcionamento xeral dos programas, ensinando o centro de son e a radio. Nesta última o alumnado participou activamente xa que algúns foron entrevistados e saíron en directo tanto na emisión do programa de radio como na páxina de Youtube da CRTVG.

Visita a la TVG de ciclo de administración y FP básica