An english education (Levi)

Levi 2 Nov

Taller de papel reciclado

O alumnado de FP básica de Servizos Administrativos realizou un taller de reciclaxe de papel para incidir na importancia de reducir a deforestación e o consumo de recursos naturais. Con este taller puideron comprobar o sinxelo que é contribuír ao coidado do planeta mediante a fabricación de papel a partir de papel usado en lugar de empregar polpa de árbore. Esta técnica tamén axuda a diminuír a xeración de residuos e a contaminación do medio ambiente.

Obradoiro de papel reciclado

Charla sobre emprendemento no rural: Floradeira

Xa comezou a actividade da nova Aula de Emprendemento do IES de Arzúa coa charla sobre Emprendemento no rural de FLORADEIRA: o proxecto de Verónica de cultivo e venda de flores online. Verónica explicou en dúas quendas a súa traxectoria profesional. O alumnado de FP tanto de Administración e Xestión como de Agraria puido coñecer como despois de estudar psicoloxía e terapia ocupacional e traballar do seu, decidiu dar unha volta a súa vida e crear un novo proxecto empresarial para ser a xefa da súa vida. Esta emprendedora contou polo miúdo como comezou cunha subvención de 3000 euros e a súa aposta pola páxina web e as redes sociais como escaparate dos seus produtos. Explicou como nos seus inicios vendía un ramo á semana e tras catro anos en funcionamento ten mais de 20.000 seguidores en Instagram, realiza unha media de 20 pedidos ao día e os envíos van dende a súa aldea de Paderne a diferentes partes de España en menos de 24 horas. Tamén incidiu sobre outros elementos como o packaging, as empresas de transporte, o crecemento do seu proxecto, a necesidade de focalización, a facturación, as inversións futuras e a conciliación. En definitiva, a experiencia de Verónica foi un gran exemplo para que o alumnado coñeza o emprendemento dende unha perspectiva real e auténtica.

Floradeira

Logo Aula de Emprendemento

Podedes clicar no seguinte enlace para descargar as bases do concurso para o Logo da aula de emprendemento: Concurso logo aula de emprendemento

Logo aula emprendemento

Samaín

Obradoiro de Origami Halloween

Visita a Casa do Xordo

Os alumnos de 1Fp básica de Agroxardinaría e composicións florais e os de 2CM de Agroecolóxico, visitaron o luns día 9 a explotación Casa do Xordo, ganadería en ecolóxico e entidade colaboradora da Fp dual do IES de Arzúa. 

O alumnado pudo ver in situ o ensilado convencional do millo forraxeiro. Primeiro viron as maquinas facendo a colleita do millo e posteriormente o acondicionado do mesmo nos silos da explotación. 
O titular da explotación explicou o funcionamento da súa gandería e permitiu ao alumnado ver as súas instalacións.
Xa para rematar tamén viron as pradeiras implantadas recentemente, e identificaron as especies das mesmas.

A casa do xordo

Erasmus Days

Co fin de que toda a comunidade educativa do IES de Arzúa, así como todas aquelas persoas interesadas na internacionalización escolar, coñezan o programa Erasmus+ ‘Camiños de Europa’, o IES organizará a xornada de portas abertas ‘Apodérate nos Camiños a Europa’. Estaremos cun stand informativo tanto na entrada do noso IES como na praza maior da vila. Esperámosvos!

ERASMUS DAYS

Homenaxe Club Masters

O día 1 de outubro tivo lugar unha homenaxe a Alejandro Núñez Rouco, árbitro de Hockey Liña durante a Sede Masculina de Hóckey Liña en Lugo, organizada polo Clube Masters Hockey Liña. O noso alumnado de Fpbásica tivo a oportunidade de participar elaborando boutonnieres para todo o equipo arbitral, o Concelleiro de deportes, Jorge Bustos, a Presidenta da Federación Galega de Patinaxe María Jesús Vázquez e representantes do Concello. Ademais da elaboración de tres buqués como cariño para a familia. Todo un reto para os nosos rapaces que afrontaron con moito agarimo. Ademais colaboran có Club Masters Hockey Liña o equipo de POLOS CREATIVOS, elaborando os MVP desta tempada.

Homenaxe Club Masters

Innova Tech FP

Fai uns días o noso IES estuvo presente na presentación do programa InnovaTech FP. Un programa para o fomento da innovación tecnolóxica entre o alumnado de FP. A presentación no CENTRO GALEGO DA INNOVACIÓN DA FORMACIÓN PROFESIONAL CENTRO EDUARDO BARREIROS en Ourense. INNOVACIÓN-DIXITALIZACIÓN-EMPRENDEMENTO. #auladeemprendemento #aulatecnoloxicaforestal @iesdearzua #iesdearzua @ edu.xunta @fpgalicia @fpdual_galicia @eduemprende @fpinnova @educaciongob @planderecuperacion @educaciongob @erasmusplusprojects @sepie_gob @concello_arzua @voznatura #cienciaenarzua #orientacionarzua #afpbasicamola

InnovaTechFP