Estudos de Ciclo Superior de Forestal Dual

Ciclo Superior Forestal

Estudos de Ciclo Superio de Forestal

Ciclo Superior Forestal

Estudos de Ciclo Medio de Forestal

Ciclo Medio Forestal

Estudos de FP básica

Fp basica

Erasmus+

Estes días de finais de xuño están a ser un fervedoiro de noticias e información para o noso proxecto Erasmus+ e o Plan de Internacionalización do noso centro. Por unha banda, recibimos con agrado por parte da Unión Europea o orzamento de 30.894 euros que nos permitirán desenvolver as mobilidades e actividades do noso proxecto Erasmus+ ‘Camiños de Europa’ no próximo curso 2023-24. Alén diso, o IES de Arzúa estivo ben representado os días 26 e 27 de xuño nas Xornadas Iniciais de proxectos de mobilidade Erasmus+ KA121 en educación escolar, organizadas polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e onde os nosos coordinadores tiveron a oportunidade de afondar nos elementos clave dos proxectos europeos de educación escolar e de ampliar a rede de contactos e difundir o noso centro no ámbito de Erasmus+ a nivel estatal.

Erasmus+ de Patricia

Libros de texto curso 2023-2024

Xa podedes consultar a liste de libros para o vindeiro curso 2023-2024 clicando no seguinte enlace: Libros de texto 2023-2024

Acto de graduación de 4º da ESO e 2º FP básica

O pasado 19 de xuño, tocou despedir ao noso alumnado de 4º da ESO e 2º de FP básica de agraria e de administrativo nun acto de graduación que tivo lugar no salón de acto do IES de Arzúa. Clicando no seguinte enlace Acto de Graduación de 4º da ESO e 2º de FP básica, podedes ver as fotos do evento.

Acto de graduación de 2º de bacharelato

O pasado 9 de xuño, tocou despedir ao noso alumnado de 2º de Bacharelato nun acto de graduación que tivo lugar no recinto feiral Terra do Queixo do Concello de Arzúa. Clicando no seguinte enlace Acto de Graduación de 2º de Bach, podedes ver as fotos do evento.

 

Erasmus + Reino Unido

Daniel, o noso alumno de FP básica de Servizos Administrativos acaba de regresar de Reading. Gracias ao programa Erasmus + estivo case tres meses realizando a FCT no Reino Unido e neste período puido mellorar o idioma, coñecer como se traballa nunha empresa inglesa e integrarse na cultura doutro país. A súa experiencia en Aces Organisation foi moi gratificante, os primeiros días tivo unha gran acollida e ao longo das semanas puxo en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo e puido desenvolver todas as tarefas que lle solicitaron de maneira áxil e eficiente.

Erasmus +

Ciclo medio dual de Xestión Administrativa

Hoxe remata o curso e no IES de Arzúa xa estamos a pensar no próximo, que contará con moitas novidades entre as que está o ciclo medio dual de Xestión Administrativa. Unha etapa educativa que tíñamos pendente no centro para completar todos os niveis de formación profesional da rama de administrativo. Se queres máis información, non dubides en contactar co centro e explicarémosche en detalle toda a nosa oferta para o 2023/2024.

https://correoweb.edu.xunta.gal/imp/view.php?actionID=view_attach&id=3&muid=%7B5%7DINBOX86332&view_token=11d-xG2OeEMRQ3wOb24RvP8&uniq=1687340085004