PRESTAMO DE LIBROS

O voso compañeiro David Paredes ven de poñer en práctica unha eloxiable iniciativa. Dado que moitos de vos tendes problemas para atopar os libros de lectura obrigatoria e que, ademáis, non están os tempos para gastar, elaborou un blogue e unha páxina de Facebook de axuda para todos os seus compañeiros de centro. Se picades na entrada Facebook ou Préstamo atoparedes un listado de libros que David posúe e vos pode prestar. Só tedes que deixar unha mensaxe a David e el vos dirá cando podedes quedar para o préstamo. A biblioteca do instituto fará de intermediaria no proceso.
TEATRO en FRANCÉS
O xoves 9 de febreiro 65 alumnos de francés do Centro acuden á representación da obra “Cyrano de Bergerac” en francés, no teatro-cine Salesianos de Vigo.
A representación corre a cargo do grupo “La Bohème”.
“Cyrano de Bergerac” é a obra máis importante de Edmond Rostand.
Sinopse: Cyrano, virtuoso da pluma e da espada está secretamente namorado da súa curmá, pero non se atreve a decirllo, convencido de que ela o rexeitará debido ao seu físico pouco agraciado. Ela confésalle o seu amor polo xove Christian…
Velaí unhas fotos do evento











