ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Charla "Emprendendo dende a REDE"

Os alumnos de TIC do Centro acuden á Casa da Mocidade de Moaña para asistir a unha actividade teórico-práctica sobre os diferentes recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos.

O Faro de Vigo faise eco deste nova