ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

As Barxas en OUFFescola

Alumnos de As Barxas, acompañados por Pilo, Luz e Seso, viaxaron o mercores 19 de novembro a Ourense para asistir a entrega de premios do V Festival de Cine Internacional OUFFescola. O noso Centro recibeu unha Mención especial polo volume e calidade dos traballos presentados. Noraboa aos nosos artístas. (Ver máis)