As Barxas en París

44 alumnos e alumnas de 4º ESO viaxaron a París do 16 ao 20 de marzo. Neses días visitaron os principais lugares de interese da capital francesa: A torre Eiffel, o Arco do Triunfo, o museo do Louvre, o Sacré Coeur, Montmartre, os Campos Eliseos... Tamén visitaron o palacio de Versalles. Os días de viaxe resultaron poucos para poder ver todo o que a capital francesa ofrece.