ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Clase práctica de inglés en Vigo

Os alumnos de 3º ESO C, acompañados por Palmira e Chema, desprázanse ata Vigo co fin de practicar o inglés cos cruceristas que estes días están na Estación Marítima. Seis grupos de alumnos lles explicaban aos turistas o que poderían visitar en Vigo. Proporcionábanlles ademáis mapas e consellos útiles para sacar o máximo proveito á súa visita.

Logo visitaron O Marco onde disfrutaron dunha visita guiada á exposición temporal "Pasión e Cálculo" de Francisco Mantecón.

Finalmente visitaron O Castro, onde un grupo de alumnos fixo de guía para o resto do grupo.

A experiencia foi todo un éxito. O Faro de Vigo faise eco da visita. (ver o Faro)