ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Nominados no FESTIVAL OLLOBOI

15 nominacións no Festival audiovisual Olloboi 2015 para os vídeos presentados polo IES As Barxas.Os vídeos nominados son:

  • "Detrás de ti ", nominado por Olloboi FOTOXENICO e ORIXINAL
  • "ADICTOS", nominado por Olloboi ORIXINAL
  • "Animando a Vincent van Gogh", "Frida", "Tempo de Nadal", "A xustiza pola man, nominados por Olloboi ANIMADO
  • "Tempo de Nadal ", nominado por Olloboi ZAMBURRIOI
  • "Seminario 5", tres nominacións. Olloboi FOTOXÉNICO, GRIÓN ORIXINAL e ZANBURRIOI
  • "Galiza Latina", "Lingua que Traba", "O Berme e a Estrela", nominados Olloboi MÚSICA LATINA
  • "Lazy Pandas" nominado para o premio especial de EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS.

Parabéns aos departamentos de plástica e música por estas nominacións.