ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

CATRO MORRACENSES PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE BANCO FIXO

O Campionato de España de banco fixo celebrado no Porto de Alacante durante todo o fin de semana pasado, contou con catro remeiros da comarca do Morrazo loitando por Amegrove para conquistar o seu segundo título nacional en categoría cadete despois de cinco anos. A embarcación con oito tripulantes e un temoneiro no canto do patrón, dirixidos por Iván Fandiño, conquistou o podio. Entre esa tripulación estaban dous dos nosos alumnos, Ismael Curro e Aitor Casás, do clube SD Samertolameu. Noraboa a todos eles!