Vacantes e proceso de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2024/2025

 

Ábrese o prazo para que o alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas presente a solicitude de ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo, preferentemente por vía

electrónica.

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES para 2024/2025 é a seguinte:

 

- 1º ESO: 31 (6 para NEEAE)

- 2º ESO: 9

- 3º ESO: 16

- 4º ESO: 22

 

Consulte a información no arquivo adxunto.

 

RESERVA DE PRAZA 2024/2025: Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

 

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva rexistradas en prazo para o alumnado do CEIP As Bizocas e mais do CEIP Valle-Inclán, para cursar 1º ESO neste instituto durante o ano académico 2024/2025.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto, onde se poderá consultar presencialmente. De xeito telemático, a través da aplicación AdmnisionAlumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) tamén se poderá consultar a listaxe do alumnado con posto reservado utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o certificado dixital e mais a Chave365.

 

 

 

Programacións Didácticas curso 2023/2024

Poden consultar as programacións didácticas das diferentes materias para o curso 2023/2024 nos departamentos didácticos (menú da dereita).

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS 2023/2024

Publícase o horario de atención ás familias do profesorado para o curso 2023/2024. 

Pregamos que previamente se poñan en contacto ca persoa titora para concertar a reunión.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E MATRÍCULA DE HONRA

Tendo como marco a ORDE do 25 de xaneiro de 2022,no IES AS BIZOCAS mantéñense os criterios de promoción, titulación e matrícula de honra alí reflectidos, con algunha modificación. Estas pódense consultar no documento adxunto.

Bizocas e os 3´S do Nadal

Poden consultar toda a información da campaña de Nadal que se levará a cabo no centro.

Charla- Coloquio: Medrar dun xeito saudábel nun mundo dixital

O vindeiro mércores 13 de decembro ás 17:30h terá lugar, no IES As Bizocas, unha charla sobre o impacto da dixitalización, dirixido a pais, nais e profesorado.

Máis información no documento adxunto.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.

 

O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.

 

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros/axudas material

 

Publícase no taboleiro do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto/axudas material, especificando os libros concretos que se prestan. Os libros, así coma o vale para adquirir material escolar, repartiranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

 

Distribuir contido