REORGANIZACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR

Debido ao incremento de matrícula, foi necesaria una reestructuración das rutas de transporte escolar. O reparto de alumnado por autobuses, segundo a organización elaborada pola empresa de transporte, será o seguinte:

  • Autobús 1: alumnado de A TOXA, CONFÍN e CORGO. Este autobús situaráse diante da porta do centro á saída, en primeiro lugar.
  • Autobús 2: alumnado de CAÍDOS E O ALUMNADO DE CORTIÑAS DE 4º DA ESO. Situaráse detrás do anterior.
  • Autobús 3: alumnado de ARDIA E ALUMNADO DE CORTIÑAS DE 1º, 2º E 3º DA ESO. Situaráse en último lugar, preto do colexio.
  • Autobús 4: alumnado da ruta de SAN VICENTE. Situaráse enfronte do instituto.

MOI IMPORTANTE: os autobuses van prácticamente completos, polo que o alumnado non poderá subir, ningún día da semana, nun autobús que non lle corresponda segundo a parada solicitada na matrícula.

Pregamos sexa comunicada ao centro calquera incidencia; no apartado "Impresos" poden atopar un modelo de reclamación para entregar na secretaría do centro.