PROCESO DE ADMISIÓN 2015-2016

O alumnado doutros centros educativos que desexen incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2015-2016 terán que presentar aquí, do 2 ao 23 de marzo, a súa SOLICITUDE DE ADMISIÓN debidamente cumprimentada.

 

Lémbrase que cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario oficialmente establecido: o Anexo II e máis o Anexo A, que se adxuntan máis abaixo (e tamén deberán aportar unha fotocopia do DNI do/a alumno/a).

 

Infórmase de que únicamente o alumnado que, segundo o domicilio alegado a efectos de valoración, estea na zona de influencia do centro terá dereito ao servizo de transporte escolar ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

Adxunto a esta entrada poden atopar un resumo do calendario do proceso de admisión. Teñen á súa disposición a orde pola que se regula o proceso, Orde do 12 de marzo de 2013, así coma toda a información do proceso de admisión 2015/2016 na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/14293

 

AdxuntoTamaño
Anexo A, admisión de alumnado 2015-2016.pdf572.47 KB
Resumo do CALENDARIO DE ADMISIÓN 2015-2016.pdf848.93 KB
ANEXO II, soli ADMISIÓN IES As Bizocas 2015-2016.pdf583.48 KB