Actividades de formación en linguas estranxeiras 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015.
As actividades constan dunha estancia durante 2 semanas nunha residencia en Galicia coa finalidade de mellorar as competencias en lingua inglesa.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado do noso centro que, entre outros requisitos, teña superadas todas as materias no anterior curso 2013/2014 e que obtivera unha nota mínima de 6 na materia de inglés. 
Teñen toda a información necesaria para poder participar neste programa de formación na seguinte páxina web:

PRAZO de solicitude: do 17 de marzo ata o 16 de abril.