ENTREGA DE VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR

Xa se tramitaron as solicitudes de axudas para a adquisición de libros de texto e para a adquisición de material escolar que foron presentadas no IES As Bizocas ata o día de inicio das clases.

Polo tanto, os solicitantes das axudas (para libros e/ou material) poden pasar polo centro a recoller o vale (cheque) a partires do día 16 de setembro (incluído) en horario de 09:00h a 14:00h.

 

 

Lembramos que o prazo para a solicitude das axudas segue aberto:

- Solicitudes para a adquisición de libros de texto (para 1º e 3º ESO): ata o 02/10/2015.

- Solicitudes para a adquisición de material escolar (para todos os cursos da ESO): ata o 01/10/2015.