YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

presentacion ciclos

 

CONCENTRACIÓN EN APOIO A PALESTINA

Concentración e lectura do manifesto da comunidade educativa do IES As Fontiñas baixo o lema PAREMOS O MASACRE EN PALESTINA.
 

FP DUAL CS Proxectos de Obra Civil

Catro estudantes do segundo curso do FP dual de Proxectos de Obra Civil do IES As Fontiñas empezaron as súas prácticas da FP Dual na sede de Espina & Delfín en Santiago de Compostela.

Durante estes catro meses o alumnado recibirá formación práctica que complementará os estudos que recibiron nas aulas. Entre outros puntos, desenvolverán proxectos urbanísticos e obra civil, confeccionarán orzamentos, xestionarán documentación relativa aos proxectos e realizarán traballos de campo como topografía. En todos os procesos estarán titorizados por persoal de Espina & Delfín.

Alumnado FP Dual Espina&Delfín

 

OS IDUS DE MARZO

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Este ano non fixemos representación teatral se non que  fixemos unha exposición de varios libros que falan da figura deste ilustre persoaxe. Tamén recreamos a toga manchada de sangue que probablemente levaba o día do seu asasinato.

 

             libros_sobre_Julio_Cesar.jpg                                 GRAN_LIBRO_SOBRE_JULIO_CESAR~0.jpg                        PEGADAS_DO_ASASINATO2.jpg        PEGADAS_DO_ASASINATO1.jpg

PREMIO DO CONCURSO DE R.N.E. "VERBA VOLANT"

    O pasado 25 de febreiro a alumna de 1º de Bacharelato de Humanidades, Sara Francos Crego, gañou o concurso "Verba Volant" do programa de R.N.E.  "No es un día cualquiera" ao contestar correctamente á pregunta: "Cal e o nome da lagoa que rodea ao Hades?", a resposta era: "A lagoa Estixia".  O premio foi  o libro "Calamares a la romana" do profesor Emilio del Río.                                                    

 

 

                                                                  premio_de_verba_volant.jpg

O ALUMNADO DE BACHARELATO DE LATÍN E GREGO E O FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

 

 

 

 

O 29 de febreiro, un ano máis, o alumnado de Bachallerato que curso as  materias de Latín e Grego disfrutaron das respresentacións de dúas obras grecolatinas, pola mañá da tragedia  "Edipo Rey" do escritor  grego  Sófocles e, pola tarde da comedia " Os xemelgos" do comediógrafo latino Plauto.  

ESPERA_3.jpg     ESPERANDO A REPRESENTACIÓN<br />
  ESPERA_2.jpg

     

COS ACTORES DA REPRESENTACIÓN<br />
COS ACTORES DA REPRESENTACIÓN<br />

 

Limpeza praia de Taramancos (Noia) co alumnado de 1ºbacharelato

O pasado luns 11 de Marzo, os alumnos de 1º de bach de ciencias, acompañados polas suas profesoras, tiveron unha xornada de voluntariado medioambiental limpando a praia de Testal en Noia (A Coruña)

Grazas o asociación ecoloxista Adega, foron acompañados e formados en todo o referente á recollida de lixo nas praias. Itziar informounos do proceso de descomposición dos residuos mais frecuentes nas praias, da importancia de reducir o consumo de plásticos e proporcionoulles o material preciso para realizar a recollida de xeito seguro.

Ó final da xornada conseguiron recoller nada mais e nada menos que 142 kg de residuos presentes no areal.

Álbum: Curso 23/24 -> Limpeza praia 1ºbacharelato

Visita ó Pico Sacro

O pasado 26 de febreiro, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato matriculados en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, en Cultura Científica e mais no CMdual de excavacións e sondaxes,visitaron o Pico Sacro no Concello de Boqueixón, guiados polo xeólogo Fran Canosa.

Realizaron un roteiro xeolóxico-didactico no que aprenderon aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Previamente, viñeran de realizar no laboratorio do instituto un obradoiro de mineraloxía, no que coas explicacións do xeólogo puideron observar de preto as diferentes propiedades que nos permiten diferenciar os diferentes minerais que nos rodean.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Visita guiada Pico Sacro

Emprendemento: Competencias e Folla de Ruta (1ºADI)

Na visita ao Coworking Dixital Compostel@ (Cámara de Comercio de Santigo de Compostela) a Consulturía Implicatum impartiu este taller para o noso alumnado.

Álbum: Curso 23/24 -> Empredemento: Competencias e Folla de Ruta (1ºADI)

Iniciativa Emprendedora: Dinámica de Identificación de Tendencias (1ºADI)

Álbum: Curso 23/24 -> Iniciativa emprendedora: Dinámica de Identificación de Tendencias (1ºADI)

Taller de Falar en Público (1ºPRE-1ºPRO)

Álbum: Curso 23/24 -> Taller de Falar en Público (1ºPRE-1ºPRO)

Taller da xestión da marca persoal en LinkeIn (1ºXEA)

Álbum: Curso 23/24 -> Taller da Xestión da Marca Persoal en LinkeIn (1ºXEA)

Taller de Falar en Público para Trasmitir a Marca Pesoal Profesional (1ºAFI)

Álbum: Curso 23/24 -> Falar en Público (1ºAFI)

Taller da xestión da marca persoal en LinkedIn (2ºADI)

Álbum: Curso 23/24 -> Taller da Xestión da Marca Persoal en LinkeIn (2ºADI)

Inovación aberta a Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais (1ºXEA)

Inovación aberta a Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais. Viveiro de empresas - Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

Álbum: Curso 23/24 -> Innovación aberta a Cocreación: constrúe solucións a retos empresariais (1ºXEA)

Taller de Falar en Público para Trasmitir a Marca Persoal Profesional (2ºADI)

Álbum: Curso 23/24 -> Falar en público (2ºADI)

Taller de Falar en Público para Trasmitir a Marca Persoal Profesional (1ºXEA)

Álbum: Curso 23/24 -> Taller de Falar en Público (1ºXEA)

VISITA AO CiQUS DA USC

O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica y Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es

Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.

Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).

Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.

https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol

Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.

 
Álbum: Curso 23/24 -> 2023-10-27_Visita CiQUS

HOXE 30/10/23

30/10/2023 11:18
Europe/Madrid

REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR A BECA DE ACREDITACIÓN LINGüISTICA B1-C2

 

PODEDES RECOLLER A SOLICITUDE EN CONSERXERÍA E ENTREGALA A INÉS PASCUAL OU NO SEU CASILLEIRO DA SALA DE PROFES.

 

BAREMACIÓN ERASMUS+

27/10/2023
Europe/Madrid

Logo de ser aprobado polo Consello Escolar, publícase o baremo e a baremación das candidaturas recibidas na convocatoria 2023.

Podedes consultar ambos documentos no apartado "Documentación" da sección Erasmus que veredes á dereita desta páxina.

¡Novas ofertas laborais para alumnos de FP titulados no IES As Fontiñas!

Se eres titulado en FP no IES  As Fontiñas, tes novas ofertas laborais. Para poder acceder a elas debes entrar na Bolsa de Traballo desta páxina Web.

Envia un correo a fct@iesasfontinas.net e, despois de comprobar os teus datos, dirémosche cómo facelo.

PRESENTACIÓN, TITORÍAS E INFORMACIÓN DE FP A DISTANCIA

INFORMACIÓN: RÉXIME MODULAR FP A DISTANCIA

 

Facendo clic aquí poderás ver a Guía do alumnado de FP a distancia.

 

Tes problemas coa conta de usuario para acceder á aula virtual?

Ao final desa guía podes ver unha serie de preguntas e respostas para resolvelos.

 

Podes ver o vídeo completo da presentación facendo clic aquí.  

 

Nesta táboa podes descargar o horario de titorías colectivas presenciais e individuais

 

 

TITORÍAS

CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA

 

Colectivas - CM XEA

Individuais - CM XEA

 

 

CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

 

Colectivas - CM AFI

Individuais - CS AFI

 

 

CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

 

Colectivas - CM PRE

Individuais - CS PRE

 

 

 

Por si quedou mal rexistrado o teu email cando fixeche a matrícula, podes proporcionarnos o teu correo electrónico aquí?-->  CORREO ELECTRÓNICO

CICLOS FORMATIVOS FP DUAL 2023-24

CS PROXECTOS DE OBRA CIVIL (FP Dual 2º curso)

Se queres mais información sobre o CS de Proxectos de Obra Civil -->>  +info

Se estás interesado en saber qué é o que se fai no CS de Proxectos de Obra Civil -->> +info

Durante o curso 25/26 poderás facer as practicas remuneradas en Espina&Delfín empresa de Santiago de Compostela líder na construcción de obra pública e na xestión integral do ciclo da auga.

APÚNTATE AQUÍ

 

CM ESCAVACIÓNS E SONDAXES (FP Dual)

Se queres mais información sobre o CS de Escavacións e Sondaxes  -->>  +info

Se estás interesado en saber mais sobre a FP Dual -->> +info

Durante os dous cursos farás as practicas remuneradas en empresas de ARIGAL.

APÚNTATE AQUÍ

 

CM ESCAVACIÓNS E SONDAXES

Premios 2023

O pasado 12 de maio celeboruse o acto de entrga dos Premios Académicos da Xunta de Galicia. Os nosos alumnos Jorge Fernández Vázquez e Cristina Blanco Gens recibiron respectivamente o Premio de ESO e Premio de FP na familia de Edificación e Obra Civil.

Álbum: Curso 22/23 -> Premios 2023

PUBLICACIÓN DO TRÍPTICO DOS CICLOS DE EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL

Realizamos este tríptico que resume a oferta formativa dos nosos ciclos superiores de Proxectos de Edificación e de Proxectos de Obra Civil.

LUDI COMPOSTELANI

O alumnado de Humanidades de 1º de Bacharelato fixo unha viaxe no tempo, convertíndose en "adulescentes" da época romana e disfrutando dos xogos e diversións que engaiolaban ao pobo romano e que seguen vixentes  na actualidade.

Así se enzarzaron en resolver un crebacabezas ( que non poideron rematar), xogaron as tabas,e competiron por gañar ao seus rivais no "DUPLUM MOLENDINUM", o actual tres en raia.

Esta actividade lles permitíu comprobar unha vez máis que "NIHIL NOVUM SUB SOLE"

Álbum: Curso 22/23 -> LUDI COMPOSTELLANI

PRESENTANDO O NOSO CENTRO

Os alumnos de 2ª curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección foron quen de crear, só empregando os seus teléfonos e unha sinxela aplicación de edición, os vídeos que vos presentamos.Tede en conta que os medios empregados foron de prestacións mínimas e esta era a súa primeira actividade deste tipo.

Prométense melloras para o próximo curso

 

.

V1_Creado por Nerea, Paula e Yaiza

V2_Creación de: Andrés, Anxo, Manuel e Xesús

COMEMORACIÓN DOS IDUS DE MARZO POR PARTE DO ALUMNADO DE SERVICIOS ADMINISTRATIVOS 1 (FP BÁSICA)

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Para isto, o alumnado de Servicios Administrativos 1 (F.P. Básica) fixo unha immersión cultural no espacio e no tempo, trasladándose á Roma do final da República. Así abandonaron as súas personalidades para pasar a ser Xulio César, Caio, Cinna, Cimber, Calpurnia, un mensaxeiro... e comprender dun xeito lúdico o que sucedeu ese día "fatídico".

Álbum: Curso 22/23 -> Idus de Marzo

Xornadas de xestión documental de operacións de Export-Import: Incoterms.

O próximo martes e xoves, 28 e 31 de marzo, respectivamente, terán lugar as Xornadas de xestión documental de operacións Export-Import: Incoterms.

Poñente: Alejandro Rodríguez GonzálezLicenciado en economía (Universidad de Oviedo y Maastricht), Master en Comercio exterior (Universidad Carlos III) y Master en internacionalización de la empresa (ICEX-CECO) y con una gran experiencia laboral en diversas empresas e instituciones internacionales como Naviera Maersk line, Oficina y comercial de la embajada de España en Chicago (USA), Departamento de comercio internacional del estado de Illinois.

Alumnado participante: Segundos cursos de Administración e Finanzas, diurno e nocturno.

Organiza: Profesorado de Xestión Loxística e Cormercial: Mª Isabel Lago Cancelo e Jaime López Otero. Departamento: Administrativo.

Álbum: Curso 22/23 -> Gestión documental Export-Import (Icoterms)

TRES PROFESORAS ITALIANAS VISITARON O NOSO CENTRO DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+

Durante a pasada semana tivemos a sorte de recibir, dentro do programa Erasmus+, a tres profesoras do Istituto d’Istruzione Superiore Marconi Guarasci, Calabria (Italia). Cinzia, Gracia e Leandra viñeron para facer un jobshadowing (aprendizaxe por observación) das materias relacionadas coa súa especialidade: inglés, economía, FOL, Empresa e iniciativa emprendedora e matemáticas.

Foi unha bonita ocasión para ver outras formas de traballar e pensar e, deste xeito, expandir horizontes mesmo sen movernos da nosa casa. Moitas grazas a todo o profesorado que o fixo posible!

Tamén puideron desfrutar da cidade e a aprendizaxe in situ durante a excursión de primeiro de Bacharelato ao centro cultural Maruxa e Coralia, Teatro Principal e Museo do Pobo Galego.

CHARLA: APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑARÍA AMBIENTAL EN GALICIA

O 7 de marzo de 2023 estivo connosco Francisco Omil Prieto, Catedrático do Departamento de Enxeñaría Química da USC para impartir a Charla Temática do programa “A Ponte” da Universidade de Santiago: "Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia".

O conferenciante exerce o seu labor docente na Escuela Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS), como integrante do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental.

Á charla asistiú o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e CA (1º BAC), o de Bioloxía 2º BAC e o de Ciencias da Terra e MA de 2º BAC.

O profesor levou a cabo una completa presentación sobre a situación da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental no ámbito de Galicia, destacando o papel da formación universitaria, un dos centros de interese para o alumnado presente na charla.

Francisco Omil explicou os tipos de Biotecnoloxía, relacionando os mesmos cos estudos universitarios e o amplo abano de posibilidades do alumnado á hora de tomar decisións no referente á orientación-formación profesional. A presentación contaba con imaxes moi ilustrativas do tema que o catedrático estaba a expoñer. Algunhas facían referencia a episodios históricos, outras a personaxes destacados no ámbito da investigación en Galicia.

En nome de toda a comunidade educativa do IES As Fontiñas, agradecémos a Francisco Omil a súa visita ao centro, que nos permitiú disfrutar de esta interesantísima conferencia.

 
Álbum: Sen categoría -> 2023-03-07_Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia

Powered by Drupal - Design by artinet