O 15 de xuño despedimos ao alumnado de 2º de Bacharelato con unha viaxe ás Médulas á que se sumaron o alumnado de 1º de Bacharato que non quería deixar sós aos seus compañeiros que van a comezar unha nova etapa na súa vida.
Comezaron subindo ao mirador de Orellán, custoulles ( como lles custou chegar ao final do curso) pero ao final o esforzo valeu a pena, nos dous casos. Puideron cotemplar dende alí unha marabillosa vista panorámica da antiga mina de ouro. Despois deixaron o seu traxe de alumnos para poñerse o casco de mineiro e visitar a galería para disfrutar doutra perspectiva da mina.
Pola tarde, unha vez que recobraron as forzas cunha lixeira comida, adentráronse no entorno das Médulas para finalizar admirando a grandiosa pegada que deixaron os romanos e a súa asombrosa inxeñería.