VISITA AO CiQUS DA USC

O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica y Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es

Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.

Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).

Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.

https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol

Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.

 
Álbum: Curso 23/24 -> 2023-10-27_Visita CiQUS

Powered by Drupal - Design by artinet