Skip to Content

Os nosos fondos, Biblio-Novas, Actividades

GAÑADORES I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Xa temos gañadores para o I Concurso de Ilustración, organizado pola Biblioteca, o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística.

Os gañadores foron:

1º premio: María Domínguez Pérez (1º D ESO)

2º premio: Sara Nogueiras González (1º C ESO)

3º Premio: Alberto Valencia Saco (1º D ESO) Mario López Lois (1º D ESO)

Felicitamos a todos eles polo seu magnífico traballo. E salientamos a colaboración da profesora de plástica, Juliana Ortega, que coordinou e dirixou a elaboración das imaxes.

Ademais da publicación en papel, está tamén dispoñible a edición dixital que pode verse picando na imaxe.

 

 

I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN convocado pola Biblioteca, coa colaboración do Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingúística.

Consulta as BASES

 

NOVAS CANTIGAS DE AMIGO

Revista Novas cantigas de amigo, composicións elaboradas polos alumnos de 3º A


http://www.calameo.com/read/000572897cedcedd8aa23

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

A BIBLIOTECA, en colaboración co EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


convoca un ano máis o


 


CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


 


 coas seguintes


 


BASES:


 


I. FORMATO


Material: Cartolina


Tamaño: 21 x 5


Pode empregarse calquera técnica pictórica (acuarela, acrílico…)


 


II. TEMA


O marcapáxinas conterá:


§ Un debuxo que faga referencia á lectura ou aos libros.


§ Un texto, escrito en lingua galega, que pode ser unha frase, un slogan ou unha cita literaria animando


a ler ou acerca da lectura.


 


III. PRAZO


O prazo remata o día 16 de decembro de 2011.


Os participantes entregarán na Biblioteca o seu marcapáxinas, que estará asinado cun lema ou


pseudónimo. Acompañarán o marcapáxinas dun sobre: no exterior escribirán o mesmo lema ou pseudónimo


 e no interior introducirán un papel cos seus datos persoais.


 


IV. PREMIO


O marcapáxinas gañador será premiado con 50 € en metálico. Este marcapáxinas será reproducido


e entregado como agasallo da Biblioteca. Tamén será reproducido no blog da biblioteca.


 



ANÍMATE E PARTICIPA


 


Máis información no noso blog http://unhalagoadelibros.blogspot.com


 

PROXECTO MEIGA

a nosa biblioteca forma parte do PROXECTO MEIGA.

Para consultar os fondos con que contamos, pique aquí.

Poderá realizar unha búsqueda por título, por autor, por materia, por ISBN, etc.

Distribuir contido


by Dr. Radut