Ciclos

Ciclos formativos

Dentro da Formación Profesional podemos distinguir entre ciclos de grado superior e ciclos de grado medio.

Ciclos de Grado Superior

Condicións de acceso directo
Para cursa-los Ciclos Formativos de Grao Superior requírese cumprir algún dos requisitos seguintes:

 
  • Posui-lo título de bacharelato establecido na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
 
  • Ter superado o segundo ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
 
  • Ter superado o Curso de Orientación Universitaria ou Preuniversitario.
 
  • Posuí-lo Título de Técnico Especialista, Técnico Superior ou equivalente a efectos académicos.
 
  • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

Acceso mediante proba
Poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos académicos e teñan cumpridos 20 anos no momento da súa realización ou os cumpran no ano de realización da proba. No caso de posuí-lo título de Técnico, para acceder mediante proba a un ciclo superior da mesma familia profesional, o requisito de idade é de 18 anos.Os contidos da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior adecuaranse ós currículos das correspondentes modalidades de bacharelato previstas na LOXSE.

   
   

Titulación
A titulación obtida polo alumno, trala superación dun Ciclo Formativo de Grao Superior, é a de Técnico Superior na correspondente profesión, coa que pode acceder ó mundo laboral ou directamente a determinados estudios universitarios relacionados co ciclo cursado.

Ciclos de Grado Medio

 Condicións de acceso directo
Terá acceso directo ós Ciclos Formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

 
  • Posuí-lo título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Posuí-lo título de 
    Técnico Auxiliar.
 
  • Posuí-lo título de Técnico.
 
  • Ter aprobado o 2º curso do Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
    Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das 
    ensinanzas medias.
 
  • Ter superados os 3 cursos do Plan de 1963 das ensinanzas de Artes Aplicadas e 
    Oficios Artísticos
 
  • Ter superado outros estudios declarados equivalentes para efectos académicos con 
    algún dos anteriores.

Acceso mediante proba
Poderá concorrer á proba de acceso ós ciclos formativos de grao medio, aquelas persoas que teñan cumpridos os 18 anos ou os cumpran no ano en que se realicen as probas. Non obstante, os que non teñan esta idade poden concorrer ás probas se cumpren algunha das seguintes condicións:

 
  • Acreditar, cando menos, un ano de experiencia laboral ou de inscrición como 
    demandante de emprego.
 
  • Ter superado un programa de garantía social.
 
  • Ter esgotadas as posibilidades de escolarización na Educación Secundaria Obrigatoria.


Titulación
A titulación que o alumno obtén trala superación do Ciclo Formativo de Grao Medio é a de Técnico na correspondente profesión, coa que pode acceder ó mundo laboral ou ós bacharelatos.    

Distribuir contido