
Automoción
I Campionato autonómico de Formación Profesional GaliciaSkills
No I Campionato Galicia Skills, unha alumna e un alumno estudantes de automoción no IES As Mariñas acadaron os segundos premios a nivel Autonómico, nas seguintes categorías:
Skill de Tecnoloxía de vehículos: Alumna Iris Porta García, titorada por Manuel Fuentes Rebón.
Skill de Carrocería de vehículos: Alumno Manuel Carro Moreira, titorado por Francisco Cal Ansede.
IES As Mariñas Acada o primeiro posto no concurso nacional de formación profesional organizado pola fundación COMFORP en Madrid
Catro alumnos do CS de automoción do IES As Mariñas de Betanzos lograron hoxe acadar un primeiro e un terceiro postos no concurso nacional ‘Jóvenes técnicos en Automoción’, organizado pola Fundación COMFORP na súa 7ª edición, entre os 168 equipos que participaron con mais de 504 persoas entre profesorado e alumnado.Os alumnos Javier Vázquez García e Sergio García Segade (tutorados polo profesor Manuel Fuentes), do IES As Mariñas de Betanzos, conseguiron o máximo galardón na categoría de Vehículos industriais, no certame celebrado os días 6 e 7 de maio nos talleres da Mercedes-Benz en Madrid. Ademais, Miguel Basanta Modia e Ismael Seoane Pablo (tutorados polo profesor Miguel Vilela), tamén do instituto betanceiro, conseguiron un terceito posto na final nacional deste concurso, na especialidade de Carrozaría.Como agasallo os equipos que acadaron o primeiro posto recibiran material formativo para o uso do centro e do seu alumnado, así como un premio en metálico. Con este xa e o cuarto ano cunsecutivo que o IES As Mariñas logra estar nos tres primeiros postos a nivel nacional, neste campionato.
Concurso Nacional de Formación Profesional
Por cuarto ano consecutivo os alumnos de Ciclo Superior de Automoción resultaron clasifiados para a fase presencial do concurso nacional de Formación Profesional, organizado por Comforp, só os catro mellores equipos de cada especialidade, a nivel nacional, pasan á última fase que se realizará nos talleres de Mercedes-Benz (Madrid) os días 6 e 7 de maio.
Alumnos representantes do IES As Mariñas:
Miguel Basanta Modia e Ismael Seoane Pablo na especialidades de Carrocería.
Javier Vázquez García e Sergio García Segade na especialidade de Vehículo Industrial.
Resultados da fase de clasificación
OLIMPIADA NACIONAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
| Un alumno do Ciclo medio de electromecánica de vehículos del IES as Mariñas, Fernando Rey Ferreño xunto co seu titor Manuel Fuentes partirán o Domingo 19 de abril, para participar representando a comunidade de Galicia na Olimpiada Nacional de Formación Profesional “SpainSkills 2009” que se desarrollará en Madrid, no Pabellón de Cristal da casa de campo do 20 oa 24 de abril, no perfil de electronecánica.- A competición desarrollarase en horario de 10 a 18 h.- A inauguración será o martes día 21 a las 11 h. no el teatro / auditorio de la casa campo. O acto acudirán distintos representantes do goberno e das administracions autonómicas - A clausura será o sábado día 25 as 11 h. no pabellón das convencions A competición tamén poderá verse en directo por Internet a través da páxina web de comforp
|
3º PREMIO, POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO
Os alumnos de automoción, por segundo ano consecutivo, quedan terceiros a nivel estatal no concurso de xoves técnicos de Automoción COMFORP. Este ano o noso Instituto logrou meter na fase final do concurso a dous equipos: Electromecánica do Automóbil, cos alumnos Adrián García Fariña e Rubén García Sánchez, titorados por Manuel Fuentes Rebón e a especialidade de Vehículos Industriais, cos alumnos Juan Carlos Rodríguez Rodríguez e Luis García Varela, titorados polo profesor Miguel Vilela González. Parabéns a ámbolos dous por ese terceiro posto.
