Skip to Content

XXII concurso canguro matemático europeo 2015

   A finais deste mes farase entrega dos premios e diplomas ao alumnado que se presentou a este importante certame internacional, no que o IES As Telleiras tivo unha excelente participación: 24 alumnos (17 de 1º ESO, 3 de 2º ESO, 2 de 3º ESO, 2 de 4º ESO, 1 de 1º BAC y 2 de 2º BAC)

   O concurso tivo lugar, de forma simultánea en todos os países que concorren a el, o 24 de marzo e, como non podía ser doutra forma, o noso centro acudiu á cita con toda a ilusión e as ganas que sempre espertan este tipo de eventos.

 Por iso, queremos felicitar a todo o alumnado participante  pois, sexan cales sexan os resultados, consideramos que a actividade foi moi positiva e que con ela se acadaron todos os obxectivos propostos:

- que o alumnado, a través das matemáticas, se cree un reto con el mesmo e cos demais.

-incentivar o gusto polas matemáticas.

- que o alumnado se divirta coas matemáticas xogando con elas a modo de pasatempos.

 Noraboa, de novo, a todos os/as valentes que se atreveron a encarar semellante reto.

Esperamos que nas próximas edicións do concurso continúe o éxito de participación acadado e, desde aquí, animamos a todo o alumnado a continuar nesta liña.



page | by Dr. Radut