Skip to Content

Teatro Jofre

E chegou o día do esperado evento -sobre todo polo alumnado participante-, con moitos nervios, pero sobre todo, moita ilusión.

Todo saiu segundo o previsto, como é normal despois do gran traballo realizado polos nosos pequenos/as actores e actrices. Queremos felicitalos a todas e todas porque o fixeron como auténticos/as profesionais do medio, cunha maestría e cunha tranquilidade incribles tendo en conta, ademais, a súa corta idade. Tamén queremos agradecerlles a súa implicación e bo comportamento.

O elenco da obra nos camerinos do teatro Jofre (16 auténticos/as campións e campionas)



page | by Dr. Radut