EQUIPO DE 2º DA ESO DO IES DE BECERREÁ VENCE NA 1ª EDICIÓN DE "DEBATE.CON"

Se fai unhas semanas foron os dous equipos de Bac os que quedaban clasificados entre os catro mellores da última  edición do "Parlamento Xove", este sábado 10 de maio alumn@s de 2º da ESO proclamáronse vencedores dunha nova competición galega de debates, DEBATE.CON (así, con "n"), creada por un grupo de profesores e profesoras co ánimo de potenciar o desenvolvemento das capacidades que se precisan nestes debates entre grupos e dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Secundaria. O tema de debate nesta primeira edición era: Un sentido da protección equivocado está levando a desresponsabilizar aos nenos no noso país?

Os nosos parabéns a María Fernández, María Núñez, Lúa, Isaac, Silvia, José Manuel e Xulio (profesor coordinador e preparador do grupo) polo seu triunfal debut, o que fai supoñer que nun futuro participarán en próximas edicións do "Parlamento Xove". Polo visto, hai unha boa "canteira" para o futuro. VER NOTICIA NA PRENSA.

Preme sobre a imaxe para ver as fotos.