MAGOSTO 2014

Se fai uns días organizaron as actividades de Samaín, esta vez, o alumando de 4º da ESO planificou e animou a celebración do magosto anual (martes 11 de novembro). Pasado por auga por momentos, isto non foi maior problema para ter gozado da xornada, como ben poderedes ver se premedes na foto (bailaron moitos e non poucas veces!). De novo, parabéns ao alumando deste grupo pola súa dedicación e, xunto co profesorado colaborador, teñen o agradecemento de tod@s. O próximo magosto, en novembro de 2015.

Colección completa de fotos dispoñible na biblioteca.