REPRESENTACIÓN DA OBRA "MARXH NO SOHO"

O IES de Becerreá acolleu a representación da obra 'Marx non Soho', un monólogo teatral interpretado polo actor galego Pepe Sendón, que se dirixiu ao alumnado de Bac e que foi  organizada polo departamento de Filosofía.

Esta obra, escrita polo dramaturgo e historiador Howard Zinn, céntrase na estadía de Marx no Soho londinense, onde chega coa súa familia tras ser expulsado de media Europa. Vive nun mísero apartamento que aluga cun nome falso e non sempre pode pagalo. Pero a loita diaria pola supervivencia non lle impide emprender a redacción da obra da súa vida: O Capital, unha análise crítica e científica da economía capitalista. Marx explica a súa etapa adulta despois de volver ao mundo dos vivos durante unha soa hora, na que se emprega a fondo para limpar o seu nome e aclarar todos os malos entendidos que el di que hai sobre a súa obre e pensamento. Todo para rematar expoñendo que entre a actual crise e os tempos que el viviu, as diferenzas son, máis ben, escasas.