NA PROCURA DO ÚLTIMO DRAGÓN

O alumnado de 1º e 2º da ESO que o ano pasado participou no Proxecto Dragal, acudiu o 16 de outubro para participar nunha xuntanza de todos os centros de ensino galegos incluídos no proxecto. Nesa xornada de confraternización organizáronse xogos e probas que nos levaron á época dos dragóns: procuras do tesouro, orientación, xogos tradicionais galegos, debuxos, preguntas, combates ... Tod@s pasámolo moi ben sentíndonos como damas, cabaleiros, estafadores, sobi@s, campións e campioas. Ademais, o noso centro conseguiu unha das dúas mellores puntuacións. Pero o máis importante é que gozamos moito nesta viaxe ao pasado dos dragóns no Pico Sacro, onde conta a lenda que viviu o último dragón galego.

PREME AQUÍ ou sobre a imaxe para ver en imaxes como foi a xornada. E AQUÍ para ver o vídeo dun dos combates a espada nos que participou a nosa alumna Noelia Cantiz (2º ESO).